O Noitebra consigue a súa primeira vitoria por 3-1 ante o Racing de San Lorenzo nun partido no que os dous equipos remataron con nove xogadores.
Nunha soleada tarde de domingo en Santa Isabel o Noitebra logrou mellorar o seu xogo dos últimos partidos para nunha moi boa primeira parte dominar o encontro e pórse 2-0 no marcador con goles de Nahuel e Álvaro. Ademais dispuxo de algunha outra ocasión clara para deixar sentenciada a contenda antes do descanso.
Na segunda metade o partido cobrou emoción cun penalti transformado polo San Lorenzo (2-1), rompéndose o xogo por completo, podendo caer outro gol en calquera dos dous bandos. Tampouco foron afortunadas as decisión arbitrais para uns e outros, chegándose ao final con 9 xogadores por equipo, pero antes Manu lograría o definitivo 3-1 no marcador, que podería ser máis abultado se Álvaro, Juan ou Pedro acertasen a marcar cadansúa ocasión.
O vindeiro partido será o domingo 26 de setembro en Bando ás 17h. fronte ao San Marcos.