De volta coas carreiras populares. Esta vez moi cerca de Santiago, en Ponte Ulla, para participar na 19ª edición da Carreira de Gundián na mañá do domingo.
Pepe, Nacho, Jonal, Miguel, e o noso amigo Fleky (Atl. Milladoiro) fomos os que nos achegamos ata a zona do Ulla para facer un ano máis esta curta pero dura carreira de apenas 3600 metros. Un percorrido rompepernas onde é preciso correr con intelixencia para non “estoupar” nas primeiras costas (salvo os “gacelos”) tal como as bombas de palenque que se empregaron para dar a saída.
Sobre as 10.45 saída pois a golpe de bomba e a bourar nas costas ata finalizar na capela de Gundián onde nos esperaba a medalla, camiseta e avituallamento.
Bos resultados en xeral para os nosos, cunha actuación destacable de Pepe, una vez máis moi cerca dos postos de honra.
Clasificación:
Oficial aquí.
Os nosos (sen cronometraxe):
Fotos:
Grazas a tarzan (Correr en Galicia): link ás fotos