Frouxo partido do Noitebra o sábado noite en Santa Isabel que o condenou a súa segunda derrota por 4-0 ante o Bodegón Arzúa.
O enfrontamento estaba a ser igualado ata que un penalti a favor dos locais rompeu a confianza dos noitebros, que pronto encaixarían o segundo gol na primeira parte, e onde os do Bodegón demostraron máxima eficacia de cara a porta contraria.
No segundo tempo máis do mesmo, con moitas intencións, pero pouca mordente no ataque do Noitebra. Todo o contrario que o rival, que aproveitaría as súas contras para pechar o partido con dous goles máis.
En definitiva, o Noitebra estase a amosar como un equipo que necesita mellorar en todas as súas liñas (intensidade, concentración…) para non ter altibaixos no seu xogo, xa que cando logra dominar ao rival, e logo de non concretar as ocasións que dispón para marcar, termina encaixando goles que rematan por minar a moral do equipo.
E o peor do encontro foron as dúas saídas anticipadas dos noitebros Simón, Rubén e Jorge por diferentes lesións. Esperemos que se recuperen para o próximo partido, que será o domingo 19 de setembro, ás 17.45h. en Santa Isabel fronte ao Racing de San Lorenzo.