CONVOCAMOS a todos os señores e señoras atletas dispoñibles do Noitebra F.C. para participar na IX Carreira Popular do Concello de O Pino, que se celebrará nesta localidade o sábado 5 de maio.
![]() |
| O Pino |
A carreira absoluta, de 8,1 km ten lugar ás 19:15 h.
A carreira cadete masculino, de case 3,2 km, é ás 18:50 h.
Para poder competir como equipo na carreira absoluta, necesitamos reunir mínimo a 8 atletas, dos cales puntuarán para as premiacións os 4 primeiros en chegar a meta (e 8 finalizados).
Xa temos constancia dalgúns atletas que pretenden participar e aos cales o club lles irá facendo o proceso de inscrición individual. En canto aos demais, se algunha persoa non é quen de facelo pola súa conta, que nolo comunique o antes posible para facer os trámites.
O prazo de inscrición remata o xoves 3 de maio ás 14 horas, pero necesitamos que o fagades xa antes para poder remitir con tempo á Federación a listaxe de atletas do Noitebra participantes na carreira.
Nós consultaremos con periodicidade a listaxe de atletas en turesultado.es, pero para que non haxa dúbida é bo que nos comuniquedes as vosas intencións.
No proceso de inscrición, ademais de poñer os vosos datos federativos (lembrade que os tedes almacenados na vosa conta de Championchip, aínda que nesta ocasión non é a compañía que leva o tema), lembrade poñer claramente que o voso club é o Noitebra F.C. tal e como acabamos de escribir.
Sabemos que moitos de vós iredes competir á carreira de O Corgo, incluída no circuíto de carreiras de Ribeira, por eso queremos mobilizar ao resto de atletas dispoñibles para participar na carreira de O Pino, para tratar de deixar o noso club no mellor posto posible e dar cor laranxa á carreira.
Máis información co regulamento da carreira aquí





