luns, 21 de maio de 2012

Atletismo: Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2012

Outra fin de semana máis de competición na sección de atletismo, neste caso aquí ao lado da casa, na Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2012.
Foto grazas a Abel

 
De novo competimos por equipos, e nos presentamos no lugar con 9 atletas. Cabe salientar a volta ás competicións de Rubén e Óscar despois de facer maratón, e tamén de Carlos, logo de recuperarse dunha lesión. Tamén nos acompañaron como espectadores Jose e Julio.
Perfil
O percorrido a facer, xa sabíamos que ía ser duro, pero este ano tiña a sorpresa de que o estenderon a 11 km (500 mtrs. máis do previsto), e ao final a máis dun se lle fixo longa a voltiña final na chegada. Costa para arriba e para abaixo constantes, pero coa parte dura principalmente nos 5 primeiros km. E menos mal que o día acompañou, con temperatura fresquiña para correr, que senón aínda habería máis estragos físicos nos corredores.
Foto grazas a Carballeira
En canto aos nosos resultados, pois que queredes que vos diga. Nova xornada de éxito, conseguindo Puri o 3º posto da xeral (e 1ª na categoría), e Abel dobre premiación, cun 3º posto na súa categoría e gañador local no Concello de Teo (vos fixades que este ano temos no equipo ao mellor local de O Pino e ao mellor de Teo). A guinda veu co premio por equipos, que ben celebramos subindo ao podio unha vez máis (xusto unha semana despois de Ferreirúa). Felicitacións a todos novamente!!

Trasladamos os nosos agradecementos á organización, xa que ano a ano van mellorando todos os aspectos da carreira, facendo cada vez máis atractivo ir a esta proba.

Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos

Máis fotos no foro de Correr en Galicia

Patrocinadores

Arquivo