sábado, 19 de maio de 2012

Atletismo: IX Carreira Popular Virxe da Guía

No festivo das letras galegas os atletas do Noitebra non descansaron e participaron una vez máis na Carreira Popular da Virxe da Guía en Ribeira.

Triunfos en Carreira

 
Foto grazas a Juan
Con moitos de nós aínda co corpo magoado pola media maratón do domingo anterior, non nos perdemos a cita de Carreira, significativa para nós por ser una das primeiras carreiras que fixemos na era do Noitebra Atletismo (onde ademais tamén estreamos no seu día a equipación oficial). Invasión de noitebros á pequena localidade, sen pretendelo (non había convocatoria para competir por equipos nin nada semellante), pero o encanto desta carreira fixo que ata 13 membros do equipo nos citásemos alí para pasar un bo rato.

Perfil
E que dicir do percorrido. Curto, pero intenso, rompepernas, e ca clásica saída a lume no primeiro km, case todo en baixada, para logo enfrontarse ao último km de tortura e agonía para chegar á meta.

Boa mañá en canto ao clima, e mellor polo grande trato da organización, que ademais de invitar a Fran para participar na entrega de trofeos en nome do Noitebra, tiveron o detalle de facer unha gran paella para tod@s os alí presentes.

Foto grazas a xandra

A competición sería gañada por R. Caamaño en homes e I. Batallán nas mulleres. En canto aos nosos resultados, mal nos estamos acostumando. Novamente podios e postos de honra: Puri 1ª na categoría e 3ª absoluta. Abel 3º e Pepe 4º na súa. Shaila 1ª local, e mesmo Moisés pillou cacho na súa categoría. Migueliño quedaría 4º nas carreiras infantís, e Jose quedaría 5º na súa categoría. Outro gran día para a nosa breve historia do club. Pouco máis se vos pode pedir xa. Parabéns a tod@s.


Foto grazas a Lema


Agradecer unha vez máis o trato da organización, e felicitalos por seguir adiante coa celebración desta carreira (sabemos que non é fácil nos tempos que corren), fixa xa no noso calendario competitivo.






 Máis fotos grazas a Juan
















 


Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Patrocinadores

Arquivo