| Foto grazas a Xandra |
Segundo Raúl, o inicio da carreira retrasouse pola lenta entrega de dorsais, lóxico se temos en conta que participaron máis de 500 atletas (e todos os que fallaron). Arrancouse ás 12:05, cun bochorno insoportable (por riba dos 25 grados), para logo facer un percorrido cun perfil que se facía algo duro polos continuos tobogáns dos algo menos de 12 km de distancia.
O noso maratoniano comezou lanzado, pero baixou o ritmo no medio da carreira, ata a falta de 3 km, onde as baixadas e chans lle permitiron acelerar algo. Iso si, os últimos 500 metros se lle fixeron interminables ao ser en recta. Quedoulle a Raúl un sabor agridoce con esta carreira, xa que aínda se encontra con problemas nun xeonllo, aínda que bastante fai despois da malleira do maratón (menos dun es despois). Bravo!! No obstante espera repetir e facer mellor tempo.
| Foto grazas a Anarky |
Para finalizar, comentar que o gañador final absoluto foi o pequeno gran Manute, triunfador na súa terra.
Clasificación
Os nosos:
- Raul: posto 100; 34 na categoría; tempo: 49:57; media/km: 4:10
- Moncho: non sabemos.
Nº ateltas que remataron a carreira absoluta: 539




