luns, 28 de maio de 2012

Atletismo: Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan-tiago (CorreSan)

 ACTUALIZACIÓNS:
Óscar
Carlos
J. R. Abel
Pepe
Puri
Nacho L.
Mark L.
Fran
Migueliño M.
Manolo
M. Pirri
Ángeles
Lucía
Jaime R.

  • Quen teña chip amarelo e faga a inscrición no Hipercor (Sección Deportes El Corte Inglés), ten que saber o seu código para inscribirse. O podedes ver no propio chip ou na vosa ficha de Championchip (22/06/2012)
  • A camiseta do CorreSAN non se entregará ata xullo (no Hipercor). Será preciso levar o vale e o DNI (inscrición no Hipercor) e o DNI (inscrición Championchip) (22/06/2012)
  • Informacións da Delegación FGA (19/06/2012):


A 1 semana do peche de inscricións do I Circuito de Carreiras saudables de Santiago CORRESAN, compre lembrar alguns aspectos relacionadso coa inscrición individual e por clubes:
- Os atletas adultos (nados en 1996 e anteriores) poderán realizar a súa inscrición a través da web www.championchipnorte.com e presencialmente no Centro Comercial Compostela (Hipercor-Santiago), desde o día 21 ata o 27 de xuño no Departamento de Deportes en horario de 10 a 22 horas, onde tamén poderán recoller a camiseta oficial do circuito. Pregamos que todos os participantes adultos, recollan no lugar e prazo indicados a camiseta do circuito. Os corredores que por causas excepcionais desexen recollela o día da proba terán que comuncialo no correo inscricionsFGAsantiago@gmail.com. A recollida será persoal e previa presentación do DNI"
- Os participantes escolares poderán dfacer a súa inscrición a través da web www.atletismogalego.org (picando sobre o botón situado debaixo do cartel, na parte dereita da paxina de inicio, onde pon "INSCRIPCIONES MENORES") rellenando o formulario de inscrición
ou remitindo os datos requeridos no regulamento adxunto ó correo inscricionsFGAsantiago@gmail.com
TODOS OS ATLETAS ADULTOS E ESCOLARES QUE DESEXEN PARTICIPAR E PUNTUAR PARA O CIRCUITO DEBERAN FACE A INSCRICION XERAL ATA O MERCORES 27 DE XUÑO AS 22 HORAS
- Para a inscrición de clubes e centros escolares deberán realizala a cudindo nas datas indicadas arriba o Centro Comercial Compostela e rellenando o formulario cos datos do clube e os atletas que participaran nesta clasificación. Os atletas, de todos modos, deberán inscribirse individualmente primeiro.

"Horario da 1ª proba. CORRESAN CAMPUS SUR: 19 horas proba de escolares / 19:30 horas proba de adultos".
Moitas gracias a todos pola participación. Pregamos desculpas polos erros que poidamos cometrer.
Delegación den Santiago da Federación Galega de atletismo.

Logo corporativo presentado no seu día
Levábamos tempo esperando para poder confirmarvos que xa é definitivo que na nosa cidade vaise celebrar un circuíto de carreiras populares como xa se fai noutras cidades da Comunidade Galega. En nada farase oficial e presentaranse dun xeito formal as bases do mesmo dentro da nova imaxe e lema corporativos do Departamento de Deportes do Concello de Santiago “O deporte é San, Santiago é San”.
Trátase do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan-tiago (CorreSan).


O Noitebra súmase con moito entusiasmo a esta iniciativa, colaborando dende as nosas posibilidades: facendo difusión entre toda a nosa comunidade e convocando aos nosos atletas, futbolistas federados, soci@s, colaboradores, familiares, amig@s, veciñ@s... a participar en cada unha das carreiras que se irán celebrando nos próximos meses en diferentes localizacións da nosa cidade.

Datas a ir marcando no noso/voso calendario e información básica das carreiras:

Percorrido

Sábado 30 de xuño. CorreSan Campus Sur
  3.140 metros para as categorías escolares.
  5.745 metros para os adultos.

Inscrición só para esta proba: do 21 ao 27 de xuño (Centro Comercial Compostela).
Horario: 19 h. a de escolares e ás 19:30 h. a de adultos.
Duchas no Estadio Universitario.






Percorrido novo

Sábado 14 de xullo. CorreSan Nocturna Cidade Vella
  2.200 metros para as categorías escolares.
  4.300 metros para os adultos.

Inscrición só para esta proba: do 4 ao 11 de xullo (Centro Comercial Compostela).
Horario: 22 h. a de escolares e ás 22:30 h. a de adultos.





 

Percorrido novo
Sábado 29 de setembro CorreSan Hipercor (Castiñeiriño): con permiso da organización, a podemos considerar “a nosa carreira” ao disputarse no barrio das sedes sociais do noso humilde equipo.
  2.200 metros para as categorías escolares.
  4.400 metros para os adultos.
Horario: 18 h. a de escolares e ás 18:30 h. a de adultos.
Inscrición só para esta proba: do 19 ao 26 de setembro (Centro Comercial Compostela).
Novo perfil aproximado


Percorrido novo
(tivo tamén variacións)

Domingo 14 de outubro. CorreSan Cidade da Cultura (75 aniversario do Victoria F.C.)
  2.825 metros para as categorías escolares.
  6.225 metros para os adultos.

Inscrición só para esta proba: do 3 ao 11 de outubro (Centro Comercial Compostela).
Horario: 11:30 h. a de escoalres e antes ás 10:30 h. a de adultos.
Entrega de premios do CorreSan: no Estadio de San Lázaro
Duchas: no estadio de San Lázaro.





Xa vedes que temos carreiras moi atractivas a carón da casa, como quen di, polo que non hai escusa para non participar nelas (nin que estou en baixa forma, nin que son moi curtas, nin que prefiro ir “á do quinto carallo”, etc.). Tod@s ao CorreSan!!

De forma oficiosa pos podemos adiantar os seguintes prezos nas inscricións:
  Escolares: gratuíta.
  Adultos: 
  • As 4 probas do circuíto 15 euros.
  • Cada proba individual: 5 euros.
Os que se inscriban a todo o circuíto recibirán previamente unha camiseta técnica exclusiva coa que xa poderán competir nas carreiras. Os que o fagan de forma individual terán unha diferente á do circuíto.

Haberá premios a nivel individual, para os centros educativos e clubes que aporten máis escolares, e para os clubes que aporten máis adultos ao finalizar o circuíto.

Tamén vos podemos contar que, en principio, a inscrición xeral no circuíto poderase facer no Hipercor do 21 ao 27 de xuño. Os adultos tamén o poderán facer a través da web de Championchip Norte cando se habilite o evento.

Permanecede aten@s ao noso blog, páxina do Concello, prensa local, etc. onde se irán confirmando as bases, horarios e outras informacións de interese sobre o CorreSan e sobre cada carreira en particular.

Xa sabedes: todos a compartir e difundir esta información (para que non se diga que non avisamos con tempo).

TOD@S AO CORRESAN!!!

Grazas a "Derek" pola información.

Patrocinadores

Arquivo