martes, 29 de maio de 2012

Atletismo: I Carreira Solidaria "Corre con Implicadas"

O Noitebra pola causa na I Carreira Solidaria "Corre con Implicadas"

Foto no podio grazas a Juan
 
Achegámosvos a seguinte crónica por xentileza de Fran:



Pepe a lume. 1º na categoría

O pasado sábado pola tarde, o Noitebra acercouse ata o Campus Sur compostelán para disputar a I Carreira solidaria "Corre con Implicadas", e o primeiro que temos que dicir e negativo xa que tivo unha escasa participación tan loable evento, aínda que a posteriori favoreceunos xa que trouxemos un lote de premiacións para a casa.


Ángeles gañadora nas mulleres
Fomos oito de partida contando cos rapaces e coa baixa de ultima hora de Puri, desaparecida en "estrañas circunstancias", ímola "multar" xa que tiña o podio asegurado e posiblemente tería sido a gañadora absoluta, pero debeu querer reservarse para a Media de Coruña. Destacar tamén a presenza animando entre o publico de dous dos nosos atletas, Fernando e Carlos (ambos tamén coa cabeza en Coruña) e de varios familiares dos nosos participantes.

Shaila ben escoltada. Sería 1ª na categoría
A carreira discorreu na súa totalidade polo Campus Sur nun percorrido de dúas voltas e uns 5,7 km. totais con sube-baixas, nunha zona máis que coñecida por todos nos, sendo un luxo correr na casa, con resultados inmellorables, entrando en primeiro lugar Pepe, dándoo todo coma sempre; a seguinte seria Ángeles, e por detrás un grupo formado por Shaila, Nacho, Miguel Pirri máis eu (Fran). Estes tres últimos "quentando" de cara a cita do día seguinte na cidade Herculina. Nos rapaces Moisés sería o gañador da proba seguido en segunda posición polo noso Migueliño M.

Moisés 1º escolar e cadete
Que sacamos destes resultados? Pois nin máis nin menos que cinco primeiros postos individuais por categorías e o segundo premio ao clube máis numeroso (e van tres semanas seguidas subindo ao podio), case nada, aínda que cabe salientar que foi unha magoa non contar con mais dos nosos habituais da fin de semana, xa que houbésemos obtido o primeiro posto por equipos, e xente coma Manolo, que se decantou por Coristanco, perderon a oportunidade de subir ao podio individual por vez primeira na súa extensa carreira deportiva... je, je, outra vez pensarao mellor.

Migueliño 1º infantil
Dous apuntes para rematar: como xa dixen en outras ocasións deberiamos reflexionar en como as veces metémonos kilometradas en coche e pagamos barbaridades de inscricións para patrocinadores a os que lle sobran os cartos, e en carreiras solidarias como esta, e na porta da casa, apenas participen oitenta persoas. Esperemos que a organización, a que agradecemos todo o trato recibido, xa que foi de nota, non se bote para atrás, e siga organizando este tipo de eventos, pois saben que co Noitebra poden contar... A outra cousa que quero destacar é, unha vez máis, a participación de Shaila na que seguramente foi a súa derradeira carreira por unha tempada, e que, como non, rematou no alto do podio, e penso que falo no nome de todos ao dicir que agardamos que volva máis cedo que tarde á competición deportiva, ela e "futuros Noitebros"...

Un bico para elas, unha aperta para eles, e vémonos no asfalto (ou na terra)...

Foto de grupo co trofeo ao 2º equipo máis numeroso. Esta e anteriores fotos grazas a Juan

Percorrido e perfil da carreira

Percorrido

Perfil


Clasificación
Oficial aquí

Os nosos:

VÍDEO GRAZAS A IMPLICADAS!!

Máis fotos grazas a Juan, Ángeles e J. Bernal

Álbum da carreira de Implicadas


OUTRAS CARREIRAS DO SÁBADO CON PARTICIPACIÓN DO NOITEBRA
A tarde do sábado tamén tivemos representación nas seguintes carreiras:

VI Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, celebrada en Coriestanco, apadriñada polo Correo Galego e que contaría cuns 200 participantes na categoría absoluta. Alí estaría Manolo para completar os algo menos de 9,6 km de distancia nun tempo de 46:22, cun promedio real de 4:51/km, rematando no posto 122 (20 da súa categoría).
Clasificación oficial aquí

III Carreira popular Festas do Espíritu Santo, disputada en Muros e na que rematarían algo menos de 70 corredores. Do noso equipo participaría Marcos L., que realizaría os 6,3 km da proba en 27:02, facendo un promedio de 4,17/km, rematando no posto 20.
Clasificación oficial aquí

En breve crónica da Media A Coruña 21

Patrocinadores

Arquivo