O pasado domingo o Noitebra participou no IV Medio Maratón A Coruña 21, que contou cun bo número de atletas do noso club entre os máis de 800 que remataron a proba. Debutarían na distancia Jose e Ramón, e este último o faría tamén co noso equipo.
| Foto de Fernando grazas a Ramón B. |
| Foto grazas a Josecho |
A mañá presentábase moi propicia para facer unha boa carreira, xa que non tiñamos unha temperatura moi elevada e o sol escondíase tras as nubes, que pouca auga deixaron caer na Coruña. O percorrido da carreira non é o máis bonito do mundo, pero cando se dan as condicións, é un dos máis idóneos para facer marcas persoais. O feito de seren tres voltas a un circuíto adoita ser motivo de debate para uns e para outros sobre como isto afecta ao rendemento físico, e, sobre todo, ao psicolóxico.
Sexa como sexa, estivemos un ano máis alí, con algúns de nós rememorando boa parte do percorrido do Maratón de hai apenas mes e medio (mira que lle levamos metido tralla xa dende aquel día). Cada un cos seus obxectivos, comezamos detrás de moitos figuras que se pasan polo forro o filtro dos caixóns por tempos, para irnos logo acomodando ao ritmo de cruceiro propio desta carreira case chan de todo.
| Foto grazas ao club Panadería d' Osedo |
En canto aos nosos resultados, destacar unha vez máis o gran papel feito por Puri, que xa parece que ten alugados os podios das carreiras nas que participa. Nesta ocasión sería 2º na súa categoría, co mérito que ten facelo nunha proba de alta participación. En boa parte do percorrido estaría acompañada do debutante Ramón, que vai iniciarse nesto das carreiras cunha media, e inda enriba primeiro tirando e logo tratando de seguir a Puri... Tamén ía ben escoltado Fernando (cambiando o seu rol profesional), acompañado por Fran e Miguel T. Non logrou por pouco rebaixar as súas marcas, pero mérito ten chegar ileso á meta despois de topar cun buraco malicioso no asfalto coruñés. Se a frase “hay un gujero en el campo” do mítico Toshack, cando era adestrador do Deportivo (ou do Madrid) está no recordo dos futboleiros, pois agora “hai un furado no asfaltado” quedará no noso anecdotario.
| Foto grazas a Ramón B. |
Nacho iría á súa bola e medio orfo ao non vir Manolo, o seu colega de batallas no último medio maratón de Ferreirúa. E para rematar, tridente (seguimos en plan futboleiro) formado por Carlos, Jose e M. Pirri, que fixeron case toda a carreira xuntos ata que a Jose doulle por correr un pouco, para rematar cun excelente tempo no seu debut medio-maratoniano.
| Foto grazas a Ramón B. |
En definitiva, outro medio maratón máis para o corpo (e van uns cantos, eh?), pero o mellor de todo foi a compañía, o bo humor antes e despois da carreira, e, como dixo Carlos, o "bocadillo de Nocilla" que nos regalaron na meta....
Percorrido e Perfil
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Os nosos







