Novo domingo de competición para os atletas do Noitebra, que nesta ocasión participarían na XVII Carreira Popular Concello de Ordes.
| Puri entrando a meta. Foto grazas a Eloy |
![]() |
| Foto grazas a Ángeles |
O equipo que competiría por clubs sería o composto por Puri, Ángeles, J. R. Abel, Ramón, Fran, Pepe e M. Pirri. Nas categorías escolares tamén correría Migueliño. Familiares, acompañantes (grazas Lidia por quedarnos coa roupa), e outros noitebros (Manel e familia) estarían animándonos ao longo da xornada. Acompañaríanos tamén en todo momento Fleky.
| Foto grazas a Eloy |
Foi unha mañá algo nubrada, pero cunha temperatura nin moito menos fresca, e menos para o que nos esperaba no percorrido da carreira, de constantes sube-baixa. Bo ambiente xa de partida coas competicións escolares, e que logo daría paso á absoluta, na que finalizarían máis de 300 persoas.
Organización impecable, que día a día se vai superando, destacando en especial o avituallamento final e tamén os trofeos entregados.
| Foto grazas a Eloy |
En canto á carreira, pois o de sempre en Ordes: saída a todo trapo ao ser en baixada, e pouco a pouco a tratar de collerlle o ritmo as subidas e baixadas que se ían sucedendo ata máis alá do km 5, onde viría a subida longa, con avituallamento líquido arriba. Logo zona de transición con algunha outra subida, pero, sobre todo, a baixada a morte ata a zona urbana de Ordes, e de regalo subidiña para rematar na meta sita na avenida principal, completando unha distancia de aproximadamente 9,1 km. Como se pode comprobar, carreira entretida en canto ao seu perfil, e na que este ano, por sorte, non tivemos que sufrir a maiores o abafante calor de anos anteriores.
| Foto grazas a Eloy |
En canto aos nosos resultados, novamente día triunfal para Puri, gañadora na súa categoría. xa logo vai ter que ampliar o piso para meter tanto trofeo. Logo a destacar o esforzo feito por todos os demais para completar equipo, dende Ángeles, Ramón... ata Abel, pasando polos de sempre, como dixo Fran, que ultimamente andamos en todas. Non logramos esta vez subir ao podio, porque os postos de honra estaban moi caros (que llo pregunten ao Atl. Milladoiro), pero aínda así, e sen estar ao noso mellor nivel logramos andar entre o 5º - 6º posto a falta de clasificacións oficiais ao recpecto. Na carreira escolar, Migueliño tivo grande competencia, pero estivo cerca de entrar no top 10 da súa carreira.
Unha nova carreira máis no que vai de tempada que algúns utilizamos para afinar a maquinaria de cara ao campionato galego de montaña do próximo domingo en Esgos.
Máis fotos de grupo grazas a Ángeles
Percorrido e perfil da carreira
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Clasificacións
Os nosos










