martes, 12 de xuño de 2012

Atletismo: IV Subida Rocas-O Eirado (Esgos). Campionato Galego de Montaña

A mañá do pasado domingo tocaba participar, unha edición máis, no Campionato Galego de Montaña de Esgos, e carreira popular Subida Rocas-O Eirado, que xa vai pola súa IV edición. Sen facer convocatoria nin nada polo estilo, xuntámonos 7 noitebros dispostos a romper o corpo polas tremendas costas desta carreira: Puri, Nacho, Pepe, Manolo, Pirri, Jose e Julio serían os valentes que se prestaron para a causa, sendo baixa Moncho por temas laborais. Tamén estivemos ben acompañados por familiares e acompañantes,  así como dos nosos veciños Manolo V.,  Lourdes e o Sr. Carballeira, entre outros coñecidos.

Puri na liña de meta. Foto grazas a Xandra


Que dicir xa desta carreira, creo que o perfil xa o di todo, onde hai que ter moito coidado con non ir a tope dende o inicio, xa que adoita pasar factura na parte final, como así comprobamos cun bo lote de xente que debutaba ou non coñecía ben o percorrido.

Tremendo perfil (grazas a ezequiel)
Foto grazas a Xandra
Así e todo, este ano o nivel xeral foi bastante alto, xa que con tempos doutros anos era máis fácil conseguir mellores postos. No obstante isto non foi problema para os nosos conseguindo aquí o noso tope máximo, que quedará para a historia do club: Puri conseguiu proclamarse Campiona Galega Absoluta de Carreiras de Montaña (carreira da FGA), o cal ten tremendo mérito, non só por toda a caña que lle leva metendo nos últimos meses, senón porque debutaba nesta carreira e nesta modalidade de montaña. Ademais tamén sería a vencedora na súa categoría (vamos, que arramplou cos trofeos). Por se non chegaba xa, o seu irmán Pepe tamén tivo o seu momento conseguindo o 2º posto na súa categoría na carreira popular (e tamén 2º federado na súa categoría). Tremenda carreira tamén dos outros dous irmáns, Jose e Julio, que racharon coas súas marcas. Contentos tamén e gozando coma nunca Manolo, Nacho e Pirri. Felicitacións para todos!!

Foto grazas a Xandra

Este ano tamén debemos pararnos a dar a noraboa á organización, que fixo un gran esforzo para lograr o nivel das primeiras edicións, recompensándonos cunha festa gastronómica (é dicir, cunha boa fartura ou chea) ao rematar.


Foto grazas a Xandra

Pouco máis que comentar que non dixeramos xa nesta ocasión ou outros anos: carreira moi recomendable, que a pesar da dureza sempre ten premio, pola paisaxe, polo tipo de carreira... e nesta ocasión polos importantes logros dos nosos atletas!!


  Máis fotos grazas a  Xandra










Os nosos

Patrocinadores

Arquivo