domingo, 17 de xuño de 2012

Atletismo: II Carreira Popular de Carballo

E outro fin de semana de carreiras para o Noitebra. Esta semana tivemos 8 atletas representándonos na II Carreira Popular de Carballo.

Foto grazas a moses

Foto grazas a moses
Jose, Julio, Abel Nacho, Puri, Mallo, Pirri e Fran no seu cumpre e recén chegado da súa concentración nas Canarias, foron os que se achegaron á esta vila nunha mañá que se foi compicando en cato ao clima se refire. Tamén nos acompañaría Ricardo (Atl. Ría de Ferrol), que xa levaba un tempo sen asomar polas carreiras.

Foto grazas a moses.
Outro ano máis nos enfrontamos a estes longos 10 km por un percorrido de dúas voltas a un circuíto de tobogáns, non propicio para facer marca. Aínda así, temos que destacar os boísimos tempos realizados polos irmáns Jose e Julio (imparables nestas últimas semanas), e, como non, a vitoria de Puri na súa categoría, rematando nada máis e nada menos que no 4º posto da competición feminina nun día no que houbo unha grande participación (máis de 600 chegados á meta na carreira absoluta). Tamén moi bo papel de Fran, que apiques estivo de baixar dos 40 minutos (cunha homologación máis axustada lograría máis dun minuto menos), e iso que case que viña de baixarse do avión. 
Foto grazas a moses
Volta ás carreiras de Mallo, que merece unha parte do trofeo de Puri ao acompañala durante toda a carreira. Tándem Abel-Pirri para tentar baixar dos 40 minutos, pero este ano, “ni a lo Rajoy”, indo polas beirarúas onde se podía. Finalmente Nacho, quentando motores para as carreiras da semana que vén (nocturna de A Estrada e Media Maratón de O Barco).
Por sorte, ducha quente no pavillón municipal (nada que ver co de Esgos), pero cun mal final de mañá, chovendo bastante en moitos momentos (parece mentira que esteamos a menos dunha semana do verán).

Foto grazas a moses. Puri xa ten encargada a vitrina para os trofeos...

Percorrido e perfil da carreira
Percorrido
Perfil
Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Patrocinadores

Arquivo