luns, 25 de xuño de 2012

Atletismo: I Carreira Nocturna Concello de A Estrada

A noite do pasado venres o Noitebra participou na I Carreira Nocturna do Concello de A Estrada.

Imaxe da carreira. Fonte: catrogatos.com
Xa facía tempo que algúns de nós non competiamos en horario nocturno, pero a proximidade do lugar do evento invitaba a facelo, ademais de servir de ensaio para a nocturna de Santiago, que se celebrará en xullo.



Achegáronse ata A Estrada Víctor, J. R. Abel, Manolo, Nacho, Puri e M. Pirri, atopándose cun ambientazo conformado por atletas e veciños mobilizados polas festas do San Paio. De feito a carreira supuña a inauguración do alumeado oficial das mesmas.

O percorrido previsto a facer era de 8 km, pero, como adoita ser habitual ultimamente nas carreiras desta vila, unha modificación de última hora fixo que se quedase en cerca de 6,6 km, realizados en dúas voltas a completar nun circuíto rápido, con subidas e baixas, longas e curtas, e con moitas curvas de coitelo non aptas para cadeiras delicadas. En definitiva, carreira moi divertida, onde a xente saíu a auténtico fume de carozo (menos mal que foi menos distancia) entre os tenderetes e atraccións festivas do lugar.

Os gañadores serían locais da propia vila (coñecerían a distancia real de antemán??). En canto aos nosos resultados, Puri remataría 2ª na súa categoría, pero o regulamento non indicaba premiación. Reaparición de Víctor, que tivo moi boas sensacións de cara a futuras carreiras. Abel, saíndo forte e rematando en positivo na longa costa final. E logo M. Pirri e Nacho L., xunto con Puri, os “valientes Pre-Barco de Valdeorras”, que se contaxiaron do ritmo endiañado dende o inicio. Manolo, a seguir a roda de Nacho L. nunha noite na que había de rachar crono e pulirnos aos demais. En fin...

Boa experiencia pois nesta carreira, que para ser a primeira tivo unha grande participación e mellor organización.

En breve a crónica coa tolemia da viaxe á I Media Maratón de O Barco de Valdeorras.

Percorrido e perfil da carreira

Percorrido
Perfil
Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Fotos: cando se publiquen

Patrocinadores

Arquivo