martes, 26 de xuño de 2012

Atletismo: I Media Maratón Sendas do Sil. O Barco de Valdeorras

No domingo post-cacharelas de San Xoán, uns cantos atrevidos do Noitebra Atletismo fomos ata a I Media Maratón Sendas do Sil, no Barco de Valdeorras.
Polas sendas do Sil. Foto grazas a J.M. Álvarez

 
Foto grazas a J.M. Álvarez
Madrugón para saír sobre as 7.15h. en dirección ás terras do Sil, do grupo de “enajenados” formado por Fernando, Fran, Puri, Nacho L. e M. Pirri. Alá nos esperaba Ángeles e familia, que realizaron un apoio técnico previo moi valioso, recoñecendo o terreo, recolléndonos previamente os dorsais, etc. Mil grazas!!

Na chegada á vila do Barco atopámonos cunha mañá fresquiña que invitaba a correr, e iso que o ambiente estaba máis ben morto polos “jolgorios” da noite anterior. A paisaxe, moi fermosa, cun Paseo do Malecón á beira do río, que logo habería ser parte do circuíto e lugar da comida e entrega de premios.

  
Logo dun moi leve quecemento, tivo lugar a saída da carreira (ás 10.30h.), con apenas 80 intrépidos/as que se atreveron a desafiar á distancia, ao terreo e ao día de calor que se nos viña enriba.


Foto grazas a J.M. Álvarez
Como anticipamos, o percorrido, de dúas voltas a un circuíto na natureza polas sendas do Sil, cun 70% de camiños e 30% de asfalto, podémolo calificar de único e precioso, pero coa súa dureza polo tipo de terreo (en moitos lugares inestable) e por algunha que outra costa rompedora, sobre todo porque coincidía onde petaba o sol a conciencia. Isto último foi o que condicionou significativamente a última das voltas, onde xa estaríamos a correr por riba dos 25 graos, o cal facía que nos deshidratásemos case sen querer, e iso a pesar de ir moito tempo pola sombra e dispoñer de diferentes puntos con avituallamentos de auga ben fresquiña. De aí que en moitas fotos saiamos coa cara medio desencaixada polo sufrimento case extremo ao que chegamos por momentos (bueno, menos Ángeles que ía de paseo).

Salientar que na carreira participou un rapaz mexicano que será olímpico polo seu país na modalidade de tríatlon, e que loxicamente gañaría a proba, e sen tan se queira necesidade de beber en todo o camiño. 

Foto grazas a J.M. Álvarez
En canto aos nosos resultados, Fran lograría o seu primeiro top-10 nunha clasificación e nesta distancia, e iso que iamos tocados pola calor e o flato. Subiría ao podio Puri, 2ª muller na meta, recibindo unha super-lousa super-orixinal como trofeo, que aínda sería capaz de elevar ao máis alto (damos fe de que pesaba un cacho). Ángeles quedou cerca dos postos de honor, e con gañas de ter ido máis adiante, pero o seu era retomar as sensacións nesta distancia mooooitos anos despois, e o fixo sen problemas. Fernando, “non volvo”, e Nacho, “el calor me va, me va... a matar”, e un servidor rebentado dende o km 7 por todo un pouco, pero en especial polo flato que me fixo por momentos falar na mesma lingua que as abundantes rás do lugar (algunha ata me respondía: “onde vas matao...”).

Foto grazas a J.M. Álvarez
O mellor viría ao final, onde os de sexo masculino directamente nos tiramos ao río. Logo comida, grazas a organización, na beira do río, e finalmente recollendo o trofeo ao 1º equipo con máis participantes ao chegar á meta. Xornada redonda e satisfacción despois do tremendo esforzo. Unha vez máis grazas a todos os/as toliños/as que nos axudastes a conseguir outro mérito coma este.

 
Grazas tamén á organización do evento, que a pesar dalgunhas cousas a corrixir, hai que destacar que traballaron moito para ter todo o percorrido ben preparado e controlado, e para atendernos o mellor posible.
 
Fotos no podio e en grupo

Foto grazas a Ángeles
Foto grazas a Ángeles











 
Foto grazas a J. Bernal

Foto grazas a Ángeles

Percorrido e perfil da carreira

Percorrido

Perfil

Clasificación
Oficial aquí

Os nosos (algúns erros no crono correxidos de forma estimada)


Patrocinadores

Arquivo