domingo, 1 de xullo de 2012

Atletismo: CorreSAN Campus Sur

O sábado comezou o I Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago de Compostela: CorreSan. Por fin un evento deste tipo na nosa cidade, que iniciou a súa histórica andaina coa Carreira do Campus Sur.

Carlos na foto de La Voz de Galicia
Boa participación para a primeira cita, e a pesar das diferentes carreiras a celebrar na fin de semana. Por parte do noso club, unha aceptable representación, pero un servidor non pode estar contento xa que só participamos 10 atletas dos 32 federados que estamos no club, sendo só escusables os ausentes por lesión, traballo ou compromisos persoais. Esperamos maior implicación para a carreira nocturna do próximo sábado 14 de xullo.


En canto á carreira, tivo un circuíto e perfil moi semellantes ao da solidaria organizada por Implicadas semanas atrás, que cos seus aproximadamente 5,8 km fixeron que todo quisque fose a saco dende o primeiro momento. Menos mal que o clima foi moi propicio e a calor nos respectou o suficiente para facer unha carreira viva, moi animada por moitos dos nosos amigo/as e socios do club que se atopaban no campus universitario. Salientar de especial xeito o feito de rematar no interior do estadio universitario, como se da chegada da Maratón se tratase.

Sobre os resultados, gañarían a carreira Juan Pablo Fernández e Yolanda Gutiérrez. No obstante as premiacións resérvanse para a integridade do circuíto, tanto na careira absoluta como por categorías, e entregaranse ao finalizar as catro probas. Están ben situadas Puri e Ángeles, xa en postos de honra nas súas categorías, e tamén Pepe e Abel, próximos ao podio. Dounos un repaso o noso fisio Jaime R. que saíu a por todas e non fomos capaz de pillalo. Na próxima estaremos en primeira liña!!

En definitiva, bo estreo deste circuíto e esperamos con ansia a carreira nocturna que, sen dúbida, será inigualable na nosa cidade.

Foto de grupo enviada por Mark L.
Percorrido e perfil da carreira

Percorrido

Perfil

Clasificacións
Os nosos

Fotos

Notas de presa

Patrocinadores

Arquivo