martes, 3 de xullo de 2012

Atletismo: IV Carreira Popular Concello de Cambados

A mañá do domingo celebraríase a IV Carreira Popular Concello de Cambados, participando en representación do Noitebra, Pepe, J. R. Abel, Mark L., Mallo e os irmáns Jose e Julio.
Foto grazas a Marcos

 
Foto grazas a Marcos
A carreira é unha das clásicas do verán, que a xente prepara para facer marca, sen ás veces ser consciente de que non son 10 km homologados (de aí os habituais debates no foro de Correr en Galicia, estimándose polas lecturas dos GPS que se fixeron uns 150 metros de menos en realidade), e porque tamén adoita ser habitual a calor. No obstante este ano, debido á irregularidade do clima, houbo unha boa mañá para darlle caña nunha terra coñecida polo seu viño, entre outras cousas...
Foto grazas a moses
Inmellorables marcas dos nosos, que fixeron todos moi bos tempos, e a pesar de ter dobrado algúns no CorreSAN Campus Sur a tarde anterior. Felicidades!!!
Como sempre, gran participación e boas valoracións sobre a organización nunha carreira que se mantén sendo de balde a pesar dos tempos que corren.



Foto grazas a Mark L.
 
Mapa da carreira

Clasificacións
Oficial Championchip

Os nosos


Fotos
Correr en Galicia

Patrocinadores

Arquivo