mércores, 11 de xullo de 2012

Atletismo: IV Carreira Popular Tordoia in essence

Jose no podio. Foto grazas a oreo66
O pasado sábado tivemos unha numerosa representación na IV Carreira Poupular "Tordoia in essence".
 
A pesar de estarmos xa en pleno verán (quen o diría polo clima), os nosos non paran e desprazáronse ata Tordoia para participar un ano máis nesta carreira popular de case 7 km por asfalto e camiños.
 
Boa participación nunha proba caracterizada pola súa excelente organización e trato aos corredores, sempre con anécdotas simpáticas (algún cabaleiro andante había por alí) e cun xeneroso avituallamento final a modo de pinchos varios. Todo elo de forma gratuíta, e iso a pesar dos tempos que corren.
 
En canto aos nosos resultados, destacar os podios de Jose e Puri, imparables nestas últimas datas. No caso de Jose, remataría no 5º posto da clasificación xeral, facendo 2º na súa categoría!! Puri sería 1ª na súa categoría!! Próximos a Jose andarían Carlos e Óscar, que xa lle van collendo o ritmo a estas carreiras explosivas, sen esquecer a Pepe e J. Abel, Nacho... que ultimamente non fallan a ningunha cita pedestre.


En definitiva, nova xornada exitosa dos nosos que non parece que queiran irse de vacacións: Noitebra a tope!!

Próximas citas: CorreSAN Cidade Vella (Santiago) e Campionao Galego de 5 km en ruta (Vilagarcía de Arousa).

Fotos dos nosos en Tordoia grazas a AlPaLo







 
Perfil da carreira


Clasificación

Os nosos
Fotos

Prensa

Patrocinadores

Arquivo