mércores, 18 de xullo de 2012

Atletismo: Campionato Galego de 5 km en ruta. Vilagarcía de Arousa

O domingo post-nocturna de Santiago, o Noitebra tamén tivo representación no Campionato Galego de 5 km en ruta, celebrado en Vilagarcía de Arousa.
Foto no podio grazas a Beatriz Viteri

 
Foto grazas a Suso Rodríguez
O percorrido, homologado pola RFEA, era de dúas voltas completamente chas, propicio para facer boas marcas.

Dobraron esforzos os irmás Bermúdez, que deixarían ao noso club a un importante nivel, especialmente porque Puri non veu de baleiro, conseguindo o subcampionato galego na súa categoría. Pepe remataría nun meritorio 7º posto na súa categoría, onde se atoparía con rivais moi potentes.

Foto grazas a Suso Rodríguez
O campionato galego absoluto sería gañado por un tal Javier Gómez Noya, sendo a campioa feminina Mª Jesús Gestido.

Podemos darnos por moi satisfeitos coa fin de semana que tivo o equipo, moi participativo na nocturna de Santiago e cun gran logro no campionato galego de Vilagarcía. Vamos Noitebra!!!


Percorrido


Clasificación

Os nosos
Fotos

Patrocinadores

Arquivo