martes, 24 de xullo de 2012

Atletismo: I Carreira Solidaria contra o Cancro “Memorial Patricia Carbia”, Padrón

O pasado sábado pola mañá o Noitebra tivo representación na I Carreira Solidaria contra o Cancro “Memorial Patricia Carbia”, celebrada en Padrón.

Foto grazas a Jesús Bernal
Retornaría ás carreiras Belén, despois dunha lesión que a obrigara a parar xa hai tempo. A nosa compañeira estaría ben acompañada polo seu marido Mallo. Tamén estaría en Padrón Anxo, que se sumou hai unas semanas aos adestramentos co noso equipo, e que podería formar parte do noso club para a tempada que vén.


A carreira, organizada polo Ximnasio Atlanta e o Clube Padrones de Boxeo, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Padrón, tiña un fin solidario, que non era outro que a loita contra o cancro, polo que se recadaban cartos a partir da inscrición de 5 €. 

A saída tiña lugar no Paseo do Espolón, sendo a distancia final duns 5,4 km que trascorrían por parte do circuíto da carreira pedestre de Padrón e da de Lestrove. Por tanto, un perfil practicamente chan, onde aproximadamente 90 participantes finalizarían a proba, o que non estaría nada mal para ser a 1ª edición e non ser no mellor horario.

Se atendemos á clasificación, comentar que non había máis que dúas categorías: masculina e feminina. Segundo consta, Belén sería a 3ª muller clasificada. Sen dúbida un bo alicerce para que continúe adestrando e competindo, sobre todo despois da dura tempada que viviu.

En definitiva, una carreira máis dos nosos, que nin no verán paran a súa actividade.

Clasificación

Os nosos
Fotos
Máis cando se publiquen

Patrocinadores

Arquivo