CALENDARIO DA COPA DE SANTIAGO 2012-2013 PARA O EQUIPO DE FÚTBOL DO NOITEBRA
O Noitebra salva a eliminatoria previa do mes de decembro.
Accede ao calendario (FGA) aquí
CALENDARIO DE LIGA 2012-21013
Supoño que a estas alturas do mes os seguidores do equipo de fútbol do Noitebra e, en xeral, da 3ª autonómica de Santiago de Compostela, estarían ao tanto da revolución que se montou e que a punto estivo de por en perigo a competición dos denominados "Modestos de Santiago". En síntese, esta foi máis ou menos a secuencia dos acontecementos:
1º. Publicación no BOP das bases da subvención ao deporte federado do Concello de Santiago (28 de agosto): un punto específico, excluía das axudas, entre outros, aos equipos de 3ª autonómica sen categorías base.
2º. Comezaron as inquedanzas nos clubes afectados, reflectido nas redes sociais de internet, na Asociación de Fútbol Afeccionado de Santiago e Comarca e mesmo na prensa.
3º. Ao malestar dos clubes súmase a mala e lenta xestión da solicitude de campos de fútbol para o adestramento dos equipos sen categorías base.
4º. Por estes e outros motivos o Ruanova e A Inmaculada retiran os seus equipos da competición, pasando a ser 13 en total, desmantelando xa o calendario oficial.
5º. Os equipos afectados únense e móvense para reclamar solucións, elaborando e asinando un documento a modo de protesta formal.
6º. Primeiras declaracións do Concelleiro de Deportes de Santiago nos medios, onde afirma que apostan polos equipos "serios" e con categorías base.
7º. Na segunda semana de setembro convócase aos equipos afectados a unha reunión no Departamento de Deportes do Concello, presidida polo concelleiro. Parece que hai vontade por solucionar o tema. Ofrécese de palabra una axuda económica a pagar en dous prazos e otorgada por unha institución privada. Dende o Concello, tamén se compromenten a axilizar a xestión dos campos para adestramentos para a tempada 2012-13.
8º. Días despois da reunión con concelleiro, polo menos, o Noitebra, recibe o cronograma cos campos de adestramento para a tempada, con pros (máis días de adestramento) e contras (algúns campos requiren forzosamente medio de locomoción).
9º. Parece que hai continuidade da liga 2012-13 e a Delegación de Fútbol de Santiago convoca e realiza un novo sorteo do calendario da 3ª autonómica, grupo 10.
E ata aquí o básico, contando pois cun novo calendario, no que o Noitebra F.C. iniciará a liga como visitante o 6-7 de outubro contra O Xa Chegou F.C.
Descansará, ademáis de nas datas sen competición oficial, na 8ª (25/11/2012) e 21ª xornada (17/03/2012).
Finalizará a liga xogando como visitante ante o C.D. San Marcos o 27-28 de abril.
Embaixo actualizamos o arquivo do calendario de liga 2012-13.
Un ano máis contaremos con sección de fútbol no Noitebra F.C., esperando os mellores resultados para esta nova tempada da que xa temos calendario oficial da liga 2012-2013 no grupo 10 da 3ª autonómica, composta por15 equipos 13 equipos.

Un ano máis contaremos con sección de fútbol no Noitebra F.C., esperando os mellores resultados para esta nova tempada da que xa temos calendario oficial da liga 2012-2013 no grupo 10 da 3ª autonómica, composta por
NOVO CALENDARIO 3ª AUTONÓMICA GRUPO 10 TEMPADA 2012-2013 (FGF):