O pasado domingo tamén tivemos representación na VI Carreira Popular de Boimorto.
| Foto grazas a arzuán |
Abel sería o noitebro participante, nunha carreira na que o ano pasado tivemos un posto de honra por equipos, e que este ano por coincidir do campionato de Ribeira e pola baixa forma doutros integrantes do club, non puidemos completar grupo para competir.
A carreira, co seu percorrido clásico (6,3 km), case todo por carreiros do monte, sería como sempre rápido, e endurecido ao encher con terra-area algunhas zonas dos camiños, facendo máis pesado o tránsito.
Boa mañá para correr, onde o equipo local, o Atl. Boimorto por fin logrou posto de honra na súa casa (3ª), completando o podio co Coruña Comarca (1º) e Milladoiro (2º).
Na proba individual masculina vencería Akka Essaadaoui e na feminina Mª Jesús Gestido.
Abel, non faría mala carreira, rematando entre os 50 primeiros, tendo en conta o alto nivel dos participantes.
Esperemos poder ir en maior número a tempada que vén.
Clasificacións
Os nosos
Posto xeral: 50 / Posto Categoría: 8 / Tempo: 25:16 / Ritmo:4:00/km
Nº total de participantes que remataron a carreira: 169
Fotos




