Nova participación dos atletas do Noitebra na Carreira Popular de Gundían, Ponte Ulla, que xa vai pola súa 21ª edición.
 |
| Foto grazas a AlPaLo |
J.R. Abel, Manolo, Marcos L. Nacho L. e Miguel Pirri, acompañados por Walter dende o público, participaron nesta clásica proba no calendario do noso club.

Pouco que dicir novo desta carreira, que dende que o ano pasado recuperou o seu trazado máis ou menos orixinal de 4 km de distancia. Non defrauda a ninguén grazas ás súas vistas e dureza singular subindo á hermida de Gundián e vella Ponte do ferrocarril.

Día algo nubrado, pero de bochorno, como case sempre é de tradición, que non impediría a boa carreira dos nosos, especialmente de Marcos L., que veu case polo aire dende o seu destino vacacional para poder participar. Nacho baixando marcas, e tamén quedaron contentos os debutantes nesta proba, Manolo e Abel. Eu (Miguel) case calco (sen intención) o tempo do ano pasado.

A carreira absoluta sería gañada por Akka Essaadaoui e na categoría feminina vencería Raquel Suárez.
Ao final, avituallamento para recuperarse do esforzo, medalla e camiseta conmemorativas grazas á organización, que a pesar da crise continúan a desenvolver este evento de forma gratuíta, e aínda enriba con premios económicos aos gañadores, o cal ten moito mérito.
Todas as fotos grazas a AlPaLo
Percorrido e perfil
 |
| Perfil |
Clasificacións
Cando se publiquen
Fotos