xoves, 6 de setembro de 2012

Atletismo: XVI Carreira Pedestre de Noia e VIII Cross de Broña

A pasada fin de semana o Noitebra tamén tivo representación na XVI Carreira Pedestre Popular de Noia e no VIII Corss de Verán de Broña.
Foto grazas á organización

En Noia estarían Manolo e Walter e en Broña serñian da partida J. R. Abel e Moisés.

A carreira de Noia, celebrada o sábado nunha tarde de moita calor,  tería una distancia duns 6,9 km (ao parecer 6,7 reais), sobre un perfil sube e baixa. Manolo faría un bo tempo, tendo en conta que estas carreiras curtas non son as que mellor lle van. Walter retomaba a competición despois do seu segundo posto na carreira escolar nas Festas de Sar, facendo un meritorio 7º posto na súa categoría, nun percorrido de aproximadamente 3 km.
Gañaría a proba absoluta Alejandro Fernández e Solange Pereira na categoría feminina. Destacar que ambos veñen de triunfar no recente Campionato de España en pista.

O Cross de Broña, duro como sempre polas súas subidas no entorno do paseo da Praia e o monte, tiña una distancia aproximada de 7 km para a carreira absoluta e máis reducida para a categoría escolar onde participaría Moisés. Este último, segundo as súas palabras, sufriu moito, quedando coas ganas de facer mellor posto. Abel situaríase entre os 25 primeiros da clasificación xeral.
Gañaría a proba absoluta Jorge Rodríguez. Na categoría feminina resultaría gañadora Purificación Fernández.

Clasificacións
Os nosos en Noia
Manolo
Posto xeral: 146 / Posto categoría: 23 / Tempo: 32:48 / Ritmo: 4:46/km

Total participantes que finalizaron: 186

Walter
Posto xeral: 15 / Posto categoría: 7 / Tempo: 12:39 / Ritmo: 4:13/km

Total participantes que finalizaron: 36

Os nosos en Broña

Os nosos en Broña
Abel 
Posto xeral: 25 / Tempo aprox.: 29 minutos

Total participantes que finalizaron: 107

Moisés
Sen resultados oficiais


Fotos
Noia
Foro de Correr en Galicia

Broña
Web da organización

Patrocinadores

Arquivo