Un ano máis, e a pesar das dificultades, o Noitebra F.C. inicia a súa 13ª pretempada consecutiva na 3ª Categoría Autonómica do fútbol santiagués.
| Foto da tempada pasada no Castiñeiriño no encontro ante o Atl. Fátima |
O primeiro día de traballo tivo lugar o luns 3 de setembro cun adestramento-presentación realizado no Parque do Paxonal, dirixido por Martín B., Rubén e Taboada, dando a benvida aos novos xogadores, aos retornados, e, por suposto aos que por sorte continúan connosco.
Breve sesión de preración física que tería a súa continuación o mércores no mesmo lugar, coa intención de ir logrando que os xogadores vaian acadando una boa condición física de cara aos adestramentos táctico-técnicos da vindeira semana, e posibles encontros amistosos antes de comezar a liga.
No obstante, esta semana aínda resta un adestramento físico, programado para este venres 7 de setembro ás 21 h. A quedada será diante da entrada principal do Multiusos Fontes do Sar 10 minutos antes da hora sinalada.
Falamos máis arriba das dificultades que, eveidentemente, teñen a súa razón no económico, se non para esta tempada, si para a seguinte, xa que as bases das subvencións ao deporte federado do Concello de Santiago exclúen a todos os equipos de 3ª autonómica que non teñan categorías inferiores. Duro golpe ao fútbol modesto de Santiago, calificado como "sentencia de morte" pola Asociación de Fútbol Afeccionado de Santiago e Comarcas (AFASEC)
Así mesmo hai que engadir certos rumores de que, por este ou outros motivos, é posible que se retiren algúns equipos da competición, co calendario xa feito, polo que a inestabildiade da liga de modestos faise evidente, xa mermada co feito de contar de inicio con só 15 equipos (xa que logo serían aínda menos).
Así e todo, o Noitebra inicia a pretempada cunha grande ilusión, facendo grupo, e aínda pendente de novas incorporacións que reforcen o plantel para esta nova tempada que no plano deportivo seguro que será mellor que a pasada.
Moita sorte a todos e Forza Noitebra!!




