luns, 14 de xaneiro de 2013

Atletismo: Carreira Popular San Xiao (FGA)

Desprazamento do Noitebra Atletismo a Ferrol para participar na XXX Carreira Popular San Xiao.

Algúns noitebros co Sr. Bernal.
Nutrida participación de noitebros (ata 10) nunha mañá de domingo que pintaba mal climatoloxicamente falando, pero que, afortunadamente, acompañou, sen chegar a chover durante a carreira.

Moisés. Foto: Ramón Rodríguez
Este ano había variacións no percorrido, tradicionalmente curto de máis segundo a distancia indicada, pero que nesta ocasión roldou ben os 10 km. Circuíto moito máis urbano, indo cara o centro de Ferrol, con bastantes zonas de adoquinado e subidas entre rúas, lembrando por veces ao percorrido que temos no aparcamento de San Lázaro, pero con maior distancia.

Saída bastante puntual e rápida dende a zona de Esteiro, e a xente xa a bufar dende o principio. Pouco a pouco nos fomos achegando á zona das rúas escalonadas, onde as subidas  de transición facían saír de punto a calquera. E logo as zonas de adoquín, esvaradías e incomodas, tamén frenanban o seu.

Amador momentos despois da saída. Fonte: La Voz de Galicia
En canto aos nosos, gran carreira de Amador, que a pesar de chegar algo cargado muscularmente logrou un bo tempo e clasificación. Grupo de ritmo feito por Fleky, Pepe e Pirri, que se permitiron o luxo de deixar a trás a Paula Mayobre. Abel tamén a bo nivel a pesar das súas molestias musculares e logo Puri, á que se lle atragoaron as costiñas, pero que fixo un posto ben digno a pesar de ser incluída nunha categoría de idade bastante ampla. E logo xa un fenomenal Moisés, que pouco a pouco vaille collendo o pulso a competir cos maiores. Mallo e Belén a ritmo das subidas e baixadas. E finalmente Juan, vencendo ese temor a quedar o último e acumulando kilómetros.


Fleky con Paula Mayobre. Foto: R. Rodríguez
A carreira sería gañada por Brais Canosa nos homes e Paula Mayobre nas mulleres.

Proba moi ben organizada (voluntarios, arbitraxe, avituallamentos, duchas, etc.), onde só se botou en falta o feito de ter marcados os kilómetros no percorrido e tamén ter controlado algún cruce no que algún vehículo cruzou en plena competición, e con tanta xente correndo (máis de 560) sempre se fai perigoso.

Próximos eventos nos que competiremos

Percorrido e Perfil
Percorrido
Perfil

Clasificación

Os nosos
Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo