luns, 11 de febreiro de 2013

Atletismo: Previa I Carreira da Filloa, Cross Escolar XOGADE e II Cross de Compostela + Campionato Galego de Veteráns (FGA)

Antes de narrar como lles foi aos nosos atletas na pasada fin de semana competitiva, queremos adiantar o que nos espera xa na seguinte, onde comezaremos o sábado participando na I Carreira da Filloa (Lestedo) e na fase Provincia do Cross Escolar (XOGADE) em Acea da Ma, e o domingo no II Cross de Compostela e Campionato Galego de Veteráns na disciplina, no circuíto do Monte do Gozo.




O sábado día 16 de febreiro ás 11:30 h. (carreira absoluta), terá lugar en Lestedo a I Carreira da Filloa, co soporte organizativo dun dos nosos patrocinadores, 39 Segundos. Terá unha distancia de 8,5 km por un terreo e perfil variados.

O prazo de incrición (3 € a carreira absoluta) remata o xoves día 14 de febreiro ou ata alcanzar o límite establecido de participantes.

Alí teremos, ademais, a posibildiade de competir por clubs.



Tamén na mañá do sábado día 16 teremos a Nacho Rozas competindo na Fase Provincial do Cross Escolar (XOGADE). Celebrarase en Acea da Ma (Culleredo), e terá que competir cos mellores da provincia de A Coruña na carreira Cadete Masculino ás 13:10 h. nunha distancia de algo máis de 4 km.
Desexámoslle o mellor dos resultados ao noso atleta.

Regulamento do cross XOGADE aquí.


Info. distancias e horarios
O día seguinte, domingo dia 17, toca a quenda das carreiras FGA. Neste caso teremos unha dobre cita no circuíto de campo a través no Monte do Gozo.  Por unha banda tanto atletas populares como federados participaremos no II Cross de Compostela, dende as categorías escolares ata veteranos. Neste último caso incluiránse tamén aqueles veteranos que non queiran participar no campionato federado na modalidade. 
Precisamente só para os veteranos federados terá lugar o Campionato Galego.

As distancias a percorrer e horarios varían en función das categorías establecidas.

A incrición no Campionato Galego remata o martes día 12 ás 20 h. e realízase exclusivamente a través do club (avisar a Miguel Nogueira). Polo de agora os inscritos son os seguintes (13/02/2013 23:25 h.):

Campionato Feminino (de 35 anos en adiante):
1. Puri Bermúdez.
 * Mínimo 3 atletas para conformar equipo.

Campionato Masculino M45 (de 45 anos en adiante):
1. Manolo Moure
2. Dani Becerra
3. Jesús Becerra
4. J. R. Abel
 * Mínimo 3 atletas para conformar equipo.

 Campionato Masculino M35 (de 35 anos ata 44 anos):
1. Mark Losada.
 * Mínimo 3 atletas para conformar equipo.

Consulta a listaxe de participantes no Campionato aquí.

AVISIOS SOBRE O CAMPIONATO:
  • Lembramos que para o Campionato É IMPRESCINDIBLE competir coa indumentaria do club (camiseta e pantalón/malla).
  • Tamén é IMPRESCIDIBLE presentar o DNI no momento de pasar pola cámara de chamadas (non así na recollida de dorsais). 
  • A ausencia á competición por parte dun atleta inscrito supón unha sanción de 3 euros imposta pola FGA.
Para a incrición no II Cross de Compostela hai de prazo ata o xoves día 14 de febreiro ás 23 h.
Dita inscrición, gratuíta, realízase individualmente na seguinte web federativa: http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20130217.html

Cando menos é impresindible competir coa camisola oficial (SADEGA) do club.


Instagram

Patrocinadores

Arquivo