O pasado sábado tamén tivemos noitebros na V Carreira Pedestre San Brais, en Salcedo, Pontevedra.
| Manolo, a tope. Foto: Maribel Piñeiro |
Manolo Moure e Dani Becerra estiveron nesta carreira de sinuoso percorrido.
| Foto: Maribel Piñeiro |
Este ano a distancia e o circuíto tiveron modificacións significativas, quedando nun total aproximado de 5,3 km, a realizar nunha soa volta polo lugar. Iso si, con continuas subidas e baixadas. Carreira pois dura se se fai a un ritmo esixente, pero divertida en canto ás constantes variacións no desnivel.
Os nosos atletas pasarían un bo rato en terras pontevedresas, con Manolo como fiel participante sempre que pode. Boa asistencia de atletas, con máis de 230 persoas que finalizaron a proba absoluta.
Gañaría a carreira Víctor Riobó, nos homes, e Ofelia Blanco nas mulleres.
Ao final, tradicional sorteo de lacóns, e, PREMIO!! Tocoulle un a Dani. A ver se dá a proba...
Percorrido e perfil
Clasificación
Fotos






