luns, 13 de maio de 2013

Atletismo. Convocatoria Oficial do Noitebra Fútbol Club para o CorreSan 2013 (FGA)

O Noitebra F.C. convoca aos seus atletas para participar na II edición do Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago de Compostela. O CorreSan.

Lémbrase que, seguindo o regulamento do equipo na tempada 2012-13, para obter algunha das bonificacións sobre o custo da licencia e seguro federativos, entre outros requisitos, os atletas do club deberán participar mínimo nunha das carreiras deste circuíto.

A primeira das carreiras terá lugar no Campus Sur o sábado 25 de maio en horario por determinar (probablemente pola tarde).
 
 

O prazo de inscrición para todas as probas do circuíto xa está aberto, e pecharase o luns 20 de maio ás 22 h.. Dita inscrición a terá que facer cada atleta de forma individual a través da web da FGA:
Correrase con dorsal único para todas as probas, así que a conservalo!

Unha vez anotados individualmente, o club remitirá á Federación a listaxe oficial de atletas do Noitebra, polo que se esperades ao último momento, por favor, avisade a Miguel Nogueira.

Para inscribirse só na primeira carreira do Campus Sur o prazo será do 21 ao 23 de maio. Non terá dereito a camiseta do circuíto. Prezo: 5 euros na categoría absoluta e gratis nas escolares.

Tamén é posible inscribirse presencialmente no Hipercor, no Multiusos Fontes do Sar e no complexo deportivo de Santa Isabel.

Carreiras do CorreSan 2013:
  • Campus Sur: sábado 25 de maio.
  • Campus Norte: sábado 22 de xuño.
  • Cidade Vella: sábado 13 de xullo.
  • Centro Comercial Compostela (Hipercor): sábado 14 de setembro.
  • Cidade da Cultura-San Lázaro: domingo 13 de outubro.


Máis Información:

Listaxe de noitebros  anotados en todas as categorías do CorreSan 2013 (21/05/2013 ás 7:55):
1. Amador Pena
2. Gonzalo Silva
3. Ángeles Vázquez
4. Miguel Nogueira
5. Jorge García
6. Puri Bermúdez T.
7. J. R. Abel
8. Nacho Liñares
9. Manolo Moure
10. Fleky Rodríguez
11. Juan Carlos Mallo
12. Walter Rosales (cadete)
13. Dani Becerra
14. Mark Losada
15. Nacho Rozas (cadete)
16. Shaila Muñiz
17. Fran Méndez
18. Ramón Alende
19. Juan T. del Puerto
20. Moisés del Puerto
21. Jaime Rivas Pereira
22. Óscar Valle
23. J. Carlos Buján
24. Miguel Tarrío
25. Marcos Sanmartín
26. J. M. Mallo Nieves
27. Anxo Munín

Instagram

Patrocinadores

Arquivo