venres, 31 de maio de 2013

Atletismo. Convocatoria para a XVIII Carreira Popular do Concello de Ordes (FGA)

O Noitebra F.C. CONVOCA aos seus atletas federados para participar na XVIII Carreira Popular do Concello de Ordes que se celebrará o próximo domingo 9 de xuño.
Coa intención de que os nosos atletas poidan ir completando o seu cupo de carreiras en equipo para optar ás bonificacións ao final de tempada,  realízase esta convocatoria oficial na que cada atleta deberá formalizar a súa inscrición de xeito individual a través da web ChampionChip, para logo remitir dende o club á organización a listaxe de atletas que representarán ao equipo en Ordes (consultaremos participantes do club dende a web de inscrición).
Neta ocasión conformarán equipo un mínimo de 6 corredores/as chegados a meta, dos cales puntuarán os 4 primeiros en finalizar.
Animádevos a participar, que non sabemos cando volverá a haber outra proba por equipos convocable ate case o fin de tempada.

Horario: a carreira absoluta será ás 10:50 h.
Distancia: 9,5 km.
Último día de inscrición: o mércores 5 de xuño ás 22 h.

Formularios de inscrición:
  • Inscrición de adultos: aquí.
  • Inscrición de escolares: aquí.
Información da proba:
  • Regulamento da proba: aquí.
Listaxe de atletas do Noitebra anotados: (05/06/13 ás 22:30 h.)
1. Anxo Munín
2. Miguel A. Nogueira
3. Gonzalo Silva
4. Fleky Rodríguez
5. J. R. Abel
6. Ramón Alende
7. Jorge García
8. Fernando Antelo
9. Fran Méndez
10. Óscar Valle
11. Moncho Iglesias
12. J. Carlos Buján
13. Dani Becerra
14. Amador Pena

Instagram

Patrocinadores

Arquivo