xoves, 6 de xuño de 2013

Atletismo: XII Carreira Popular Rota do Románico, Ferreira de Pantón (FGA) e II Carreira Solidaria do Barbanza, A Pobra do Caramiñal

Antes de iniciar unha nova fin de semana de competición na sección de atletismo do Noitebra, cabe lembrar o que foi a actividade atlética do club na semana pasada.
Fran na Pobra. Foto: A Pobra Deportes
Fleky en Pantón. Foto: Ana López

Por orde cronolóxica, o sábado, tivemos representación na XII Carreira Popular Rota do Románico, Ferreira de Pantón, do calendario da FGA, con Fleky Rodríguez e tamén na II Carreira Solidaria do Barbanza, con Fran Méndez.

Comezamos coa crónica de Fleky en Ferreira de Pantón:
O sábado pola mañá esperábame unha carreira acompañado dun compañeiro (Borja) natural do lugar e coa compaña na viaxe das nosas donas. Cunha gran mañá de sol e bo tempo nos desprazamos ben cedo cara o lugar da carreira, para recoller os dorsais e con tempo e recoñecer o terreo.

Foto: Gely
Carreira con saída puntual e unha organización estupenda.
En canto á proba pois constaba de dúas voltas que non serian dunha gran esixencia, xa que constaba dunha saída costa abaixo para despois planear falsamente, pero sen tirar case nada; despois xa viría o bonito e algo máis técnico e esixente, pois entrariamos nun camiño empedrado coas súas fochancas e algo costa arriba. De aí o do románico, pois penso que dende esas épocas non pasaron para tapar as pedras.

Despois dese camiño empedrado viría unha costa arriba que a bo ritmo faise comodamente, sen ser moi longa e pronunciada, e no seu final topabamos unha recta para despois atravesar un sendeiro e ir dar ao campo da feira dende o cal se baixaría a toda leite, pois a baixada si que era longa e pronunciada ata o primeiro paso por meta e na seguinte na correspondente meta.

En canto aos resultados salientar o bo tempo do meu compañeiro Borja, xa que despois dun ano e medio sen facer nada logrou marcar un tempo de 31:44, e en canto ao meu, pois fixen uns 24:32 logrando baixar de ritmo de 4´/km a pesar da falta de adestramentos.



A continuación, a crónica de Fran Méndez na carreira da Pobra do Caramiñal:
Este pasado sábado e na compaña da familia achegueime ata a Pobra para disputar a II edición da Carreira Solidaria do Barbanza, que nesta ocasión seria para recadar cartos en favor de Caritas.

Ao chegar alí comprobaría con magoa que eu seria a unica representación do club, aínda que como é costume atopeime con moitas caras coñecidas nesto das populares.

Foto: A Pobra Deportes
Antes da absoluta disputáronse as probas de menores así como unha carreira da muller que contou cunha boa participación, xa que o tempo acompañou, cun bo día despexado aínda que cun forte vento que se deixou notar nas distintas probas.

A carreira absoluta disputouse ás 7 da tarde con máis participación e nivel que a pasada edición, e este ano sufriría un par de cambios, xa que a anterior edición celebrárase no mes de abril e nun teórico percorrido de 10 Km. que ao final resultaron ser 9,7. Este ano, ademais de retrasar a data, a distancia definitiva resultou ser uns 10,6 km. polo que os que a correramos o ano pasado pecamos de apretar antes de tempo e ao remate da proba fíxosenos longo abondo. Polo demais o percorrido foi bastante chan para o perfil da zona, aínda que cun par de costas de aupa, sobre todo especialmente dura a de Cabío, de aproximadamente 1km., con avituallamento á metade de subida incluída (non sei se alguén seria capaz de beber) no que o GPS se acercou aos 5 min/km. despois de vir marcando 4 ou por debaixo nos anteriores.

Ao final na meta, froita, refrescos e entrega de premios con festa incluída, polo que recomendo a os nosos que se acerquen ata aquí de celebrarse en máis ocasións, xa que ademais de ser por unha nobre causa, o percorrido é ben bonito: paseo marítimo, pistas de aldea, praias, etc., bastante máis que a que se disputa nesta vila no mes de agosto e que soamente discorre polo centro urbano.

Por ultimo animarvos a todos a acercarvos ata Ordes o fin de semana que vén, onde competiremos por equipos un ano máis.


En breve máis información sobre os nosos en comepticións celebradas o pasado domingo.


Clasificacións
Oficial Ferreira de Pantón (Championchip Norte)
Fleky Rodríguez. Posto xeral: 27 ; Posto categoría: 8 ; Tempo: 24:32 ; Ritmo: 3:55/km.
Distancia oficial da carreira: 6,270 km.
Nº de participantes que finalizaron a carreira absoluta: 169

Oficial A Pobra (Concello da Pobra)
Fran Méndez. Posto xeral: aprox. 40; Posto categoría: 14 ; Tempo: 42:47 ; Ritmo: 4:03/km.
Distancia aprox. da carreira: 10,5 km.
Nº de participantes que finalizaron a carreira absoluta: aprox. 142


Fotos e vídeo
Fotos de Pantón: Correr en Galicia
Pantón: ChampionChip Norte (Youtube)
Fotos de A Pobra: Concello

Instagram

Patrocinadores

Arquivo