venres, 3 de maio de 2013

Atletismo: II Carreira Solidaria Corre con Implicadas, Oleiros (FGA)

A pasada mañá do domingo o Noitebra acudiu ao chamamento para participar na que sería a II Carreira Solidaria Corre con Implicadas.
Nacho Liñares exercendo de gregario das nosas rapazas. Foto: La Opinion
Este ano celebraríase en Oleiros, e ata alí se achegaron uns cantos noitebros a colaborar coa causa.


Foto: Ángeles Vázquez
Nunha mañá a base de chaparróns (case que como a tarde anterior en Sigüeiro), tocaba repetir para algúns de nós, incluído Nacho Liñares, que por molestias musculares abandonara o día en Corrubedo. Sumar aos nosos a Ángeles, que pouco a pouco vai deixando atrás as lesións, e á súa familia. Acudimos con total descoñecemento do que nos esperaba e sen saber como sería o grado de participación no evento, pero o caso era tratar de cumprir con eses aproximadamente 5 km de distancia pola zona de Bastiagueiro, onde o INEF.

Foto: Ángeles Vázquez
Pouco a pouco foi chegando a xente e en nada tiña lugar a carreira absoluta. Pronto comprobamos que nestas carreiras curtas ninguén garda nada para o final, e xa dende o inicio os corredores saen a lume. A insto engadirlle a dificultade da orografía, que, sen respiro, facía enlazar constantes subidas e baixadas no percorrido. Pero o que teñen as carreiras curtas e que se sufre, pero logo se chega á meta. Por sorte o clima acompañou e non choveu na celebración desta carreira nin nas das categorías escolares.

Para rematar ducha no INEF e a esperar pola entrega de premios e sorteos, que se demoraron ao ternos que trasladar a un pavillón do citado complexo deportivo. 

Foto: Javier Martínez
E valeu a pena porque os nosos resultados foron moi bos. J. R. Abel sería o 3º na súa categoría, e Puri Bermúdez T. 1ª na súa. Nacho, aguantaría ben os problemas do día anterior, e  correndo sen Ángeles se molestias. Miguel Nogueira, nin chegando entre os 10 primeiros da carreira logrou podio, para que valoredes a dificultade que ten subir ao caixón. Con todo, tendo en conta a petada muscular a semana anterior e o esforzo en Sigüeiro, as sensacións non foron malas de todo.
Gañaría ca carreira Jacobo Gesto. Nas mulleres o faría Teresa Castro.

Felicitar á organización polo esforzo realizado para levar a cabo iniciativas como esta, sen tanto nome, nin tirón, nin apoio multitudinario... Aínda así sería de mellorar o control do tráfico nas pistas secundarias e mesmo avisar aos peóns nas beirarrúas para non levalos por diante.

Así e todo, sempre trataremos de participar nesta iniciativa solidaria, e máis cando nolo piden persoalmente.


Percorrido e perfil

Percorrido
Perfil



Perfil con porcentaxes de desnivel






Clasificacións

Os nosos
Fotos
Máis cando se publiquen

Instagram

Patrocinadores

Arquivo