Desde hai unhas tempadas, ademais de ciclismo de estrada, ciclocrós e BTT, é habitual ver aos nosos nunhas bicis raras circulando pola estrada, por camiños ou polo monte. Trátase da modalidade de gravel, que está a comezar a medrar nos últimos anos en España e Galicia.
Amosando publicacións coa etiqueta Noticias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Noticias b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 23 de outubro de 2025
mércores, 22 de outubro de 2025
O Noitebra na campaña municipa "Ficha polo Galego"
O Noitebra xa hai moito tempo que fichou polo galego.
E vós, fichades polo galego?
Sumádevos!
domingo, 19 de outubro de 2025
Novo presidente, nova xunta directiva no Noitebra F.C.
O pasado 11 de setembro, logo da Asemblea Extraordinaria do Noitebra F.C., resultou nomeado presidente Martín Rodríguez Gómez, coñecido como “Fleky”, e que conta cunha dilatada traxectoria no club, ademais de ser un dos inspiradores da sección de atletismo do club.
Ese mesmo día compoñeríase a nova Xunta Directiva, recentemente rexistrada na Secretaría Xeral para o Deporte:
Ese mesmo día compoñeríase a nova Xunta Directiva, recentemente rexistrada na Secretaría Xeral para o Deporte:
venres, 1 de agosto de 2025
Ata sempre Manolo...
Lamentamos comunicar o falecemento no día de hoxe do noso presidente, D. Manuel Moure, auténtico baluarte do noso club 😔
Querido amigo, sempre estarás no noso corazón 💓
O noso máis sentido pésame á familia e amizades 🌺
luns, 29 de novembro de 2021
Pistas de atletismo da USC por fin para o 2022
A pesar da pandemia, teremos por fin pistas homoladas en Santiago de Compostela no 2022, tal e como se recolle na prensa:
A Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña, o Concello de Santiago e a USC asinaron un convenio para a renovación e acondicionamento da pista de atletismo do Campus Vida, un documento que fixa o 31 de marzo do 2022 como data límite para o fin das obras.
Agora a esperar que a COVID-19 permita gozar delas.
Fonte: La Voz de Galicia
mércores, 27 de maio de 2020
luns, 2 de decembro de 2019
sábado, 21 de abril de 2018
Aprobados novos Estatutos do Club e Regulamento de Réxime Interno da sección de atletismo do Noitebra
O 20 de abril de 2018 procedeuse á aprobación en Asemblea Xeral Extraordinaria dos novos Estatutos do Noitebra Fútbol Club, logo dun longo percorrido e grazas ao apoio e asesoramento da letrada Antía Comesaña, tamén compañeira do club, así como o doutros socios e directivos da nosa entidade.
sábado, 3 de marzo de 2018
Novos pasiños na historia do Noitebra Fútbol Club: nova directiva e camiño cara novas seccións deportivas e nova sede social oficial
Pois tiña que ser na tempada na que o club vai camiño de cumplir a maioría de idade na que por primeira vez contaremos con presenza feminina na Xunta Directiva do Noitebra F.C., nun ano no que ademais se esperan novidades en forma de ampliación de seccións deportivas, como serán a de Tríatlon e a de Montañismo, que se suman ás xa activas de Atletismo e Ciclismo, e as non activas de Fútbol e Surf, e tamén co cambio oficial de domicilio social para Angrois.
luns, 25 de decembro de 2017
Pechando o 2017 no Noitebra F.C.
E outro ano que deixamos atrás cheo de actividade no Noitebra FC.
Como afirmou o noso Presidente na súa mensaxe de nadal, encaramos una nova tempada na que dicimos adeus aos que se foron, recibimos con alegría aos que veñen, e agradecemos a continuidade dos que xa levan tempiño connosco.
A sección de atletismo, una vez máis, multiplicaría a súa participación en carreiras e campionatos, levando bos botíns a xeito de trofeos, medallas e sobre todo de ledicia, en espacial coas nosas carreiras en Compostela.
Con novos proxectos xa en marcha , reforzando a sección feminina, acollendo máis rapaces nas categorías escolares, e sobre todo seguindo coa esencia de sempre, propia dun grupo de amigos e amigas que procuran no atletismo un divertimento, sobre todo no coa súa práctica e posta decidida polos eventos de Santiago e comarca.
Tamén remata una tempada ben viva na sección de ciclismo, abarcando máis competicións e novas aventuras fóra de Galicia. En especial este ano que remata, foi a realización e participación en actividades de irmandade con colegas e clubs doutros lares lonxanos á Compostela. Quedan aquí novos retos pendentes, na procura sempre de emocións fortes no monte ou na estrada.
So nos queda felicitar as festas e o novo ano a todos os noitebros e noitebras, así como aos seus simpatizantes.
Vémonos nas carreiras, xa sexa a pé ou na bici ;)
Etiquetas:
Atletismo
,
Atletismo Tempada 2017/2018
,
BTT
,
BTT Tempada 2017
,
Noticias
,
O Club
Compárteo
sábado, 1 de outubro de 2016
Escola de Atletismo do Noitebra FC
O Noitebra FC comezará esta tempada 2016-2017 o seu proxecto de Escola de Atletismo, que en resumo se asenta nos valores da saúde, deporte e formación integral de nenas e nenos.
Para máis información, contactar co club a partir dos datos que facilitamos no cartel. Os prazos de inicio serán flexibles.
luns, 12 de outubro de 2015
O Noitebra F.C. xa ten novo presidente
![]() |
| Manolo Moure e Pepe Bermúdez |
Foron 15 anos de dedicación responsable e que se caracterizou pola súa proximidade con todos os membros do club, ademais de ter sido tremendamente polifacético (inda lembramos cando chegou a ser presi-adestrador-xogador-capitán) cando a situación o requiría. Foi, sen dúbida, e durante moitos anos, o auténtico motor do Noitebra, en especial cando a sección de fútbol estaba no seu apoxeo, e co que chegou a disputar unha final da Copa de Santiago. Non chegan as palabras de agradecemento cara o xa ex-presi, pero nos atrevemos a darlle un millón de grazas (e nos quedamos curtos) por ter capitaneado este barco, que moitas veces navegou por augas turbulentas, como adoita pasar cos clubs modestos coma o noso. Con todo, esperamos que na composición da nova directiva sigamos contando coa súa presenza, aínda que sexa cun rol máis sosegado.
Recolle o relevo un dos atletas que máis tempo leva no club (en concreto dende o 2008). Trátase de D. Manuel Moure Sande, que, sendo o único socio que achegou a súa candidatura na Asemblea extraordinaria realizada no Restaurante Kratos (un dos nosos patrocinadores), rematou por ser escollido por asentimento dos socios e socias alí reunidos. Grazas por aceptar o reto! Logo os alí presentes o celebrarían cunha comida de despedida e benvida dos presidentes.
Queda moito traballo por diante agora, comezando pola constitución da nova directiva nas próximas semanas, e cunha nova tempada da sección de atletismo a punto de comezar e que urxe planificar.
Seguiremos informando.
Directiva en funcións do Noitebra F.C.
martes, 6 de outubro de 2015
martes, 21 de xullo de 2015
Campaña de Soci@s Especial 15 Aniversario do Noitebra F.C.
Por fin, por fin!! Iniciamos a campaña de soci@s do Noitebra F.C., tempada 2015, cunha edición especial do carnet deseñado, unha vez máis, por Rubén Moñino.
venres, 24 de abril de 2015
Triste nova do falecemento do pai de Uri, directivo fundador do Noitebra F.C.
Morreu José Luís Uriarte Villares, que ademais de ser o pai dun dos directivos fundadores do Noitebra, Carlos Uriarte Gradín, foi tamén un dos impulsores do noso Club, xa que co seu apoio e achega económica desinteresada puidemos facer este proxecto realidade.
O funeral será mañá sábado 25 de abril as 17:30 en Boisaca.
D.E.P.
D.E.P.
sábado, 21 de marzo de 2015
Crónica do Trail de Compostela. 15º Aniversario do Noitebra F.C. Campionato de Galicia de Trail (FGA)
Logo de case una semana,
por fin atopo un momento de certo respiro para escribir unhas liñas do que foi
o noso grande reto coa organización do Trail de Compostela. É difícil decidir por
onde comezar, e habería tanto que contar que daría para un artigo de 20 ou máis
páxinas, pero non é plan. Por iso, comezo polo final. Isto é , destacar o éxito
que conseguimos ter, salvando erros e detalles típicos que asumimos plenamente.
Éxito pola participación. A xente sabía que eramos novatos nisto de organizar carreiras, e para máis un trail polo medio do monte, por riba Campionato de Galicia, nada máis e nada menos. Pero isto non foi mérito noso, se non de todos os amigos, coñecidos, correlegas... e aqueloutros que non nos coñecían pero que confiaron en nós e viñeron facer grande este Trail. Persoalmente non esquecerei a todos os vellos coñecidos que viñestes e aí me teredes para o que poida axudar.
sábado, 7 de febreiro de 2015
Noitebra F.C. Boletín informativo xaneiro de 2015
Comezamos o ano
con moito frío pero iso non impediu que a actividade do club parase.
Etiquetas:
Atletismo
,
Atletismo Tempada 2014/2015
,
BTT
,
BTT Tempada 2014-2015
,
Noticias
Compárteo
mércores, 31 de decembro de 2014
Noitebra F.C. Boletín informativo decembro 2014
Chega o final dun ano pleno de actividade no club. E este mes de decembro non podía ser menos.
Etiquetas:
Atletismo
,
Atletismo Tempada 2014/2015
,
BTT
,
BTT Tempada 2013-2014
,
Noticias
,
O Club
Compárteo
sábado, 22 de novembro de 2014
Noitebra F.C. Boletín informativo novembro 2014
Etiquetas:
Atletismo
,
Atletismo Tempada 2013/2014
,
Atletismo Tempada 2014/2015
,
BTT
,
BTT Tempada 2013-2014
,
Noticias
,
O Club
Compárteo
luns, 1 de setembro de 2014
AVISO ATLETISMO: Aprazamento da Crono-escalada ao Pedroso (CorreSan)
Noticia sobre o aprazamento da próxima proba do CorreSan.
http://bit.ly/1r0kQ0n
http://bit.ly/1r0kQ0n
APRAZAMENTO DA PROBA CORRESAN GRANXA DO XESTO – CRONOESCALADA
AO MONTE PEDROSO. APRÁZASE PARA O DOMINGO 21 DE SETEMBRO”
Escrito por
FGA Santiago
A PROBA CORRESAN GRANXA DO XESTO – CRONOESCALADA AO MONTE PEDROSO APRÁZASE PARA O DOMINGO 21 DE SETEMBRO.
DEBIDO A COINCIDENCIA COA ETAPA FINAL DA VOLTA CICLISTA A
ESPAÑA AS AUTORIDADES MUNICIPAIS DECIDEN APRAZAR A PROBA DO CORRESAN
GRANXA DO XESTO – CRONOESCALADA AO MONTE PEDROSO ANTE A IMPOSIBILIDADE
DE XESTIONAR AMBAS PROBAS NA MESMA DATA.
A PROBA PASARÁ A REALIZARSE O DOMINGO 21 DE SETEMBRO A PARTIR
DAS 10:15 HORAS, HORA DE COMENZO DA PROBA DAS CATEGORÍAS BENXAMÍN E
ALEVÍN.
A CRONOESCALADA INDIVIDUAL COMENZARÁ DESDE O LUGAR DE GRANXA
DO XESTO A PARTIR DAS 11 HORAS. NA SEMANA ANTERIOR PUBLICARASE A ORDE DE
SAÍDA DOS PARTICIPANTES O IGUAL QUE O PLANO DA PROBA.
DATAS DE INSCRICIÓN DA PROBA: CorreSan Granxa do Xesto. Cronoescalada ao Monte Pedroso – Inscrición do 03 ao 17 de setembro.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)





















