Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2016/2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2016/2017. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de outubro de 2017

Crónica da Ultra Pirineu 2017, por Jorge García "superfresh"

Vos deixamos a crónica da Ultra Pirineu 2017, unha das últimas machadas feita polo noso compañeiro Jorge García "superfresh".

Ultra Pirineu 2017 (22, 23, 24 de septiembre)

La crónica empieza, como siempre, varios días antes del viaje preparando todo el material para la carrera, lo mío parece una expedición al Himalaya pero es que al día siguiente de la carrera marchaba a Roma en bicicleta desde Barcelona, pero eso es otra historia.

Me levante temprano, pero con todo el lio de llevar a la niña al cole y demás, arranque por esas carreteras de dios casi a las 9 de la mañana. Santiago - Bagá del tirón con una única parada para mear en Belorado; el resto pues conducir y conducir. Lo llevo bien la verdad y más cuando es por carretera entretenida.

Llegué con tiempo a Bagá cansado, pero con tiempo aún de recoger dorsal, dejar bolsa de carrera y demás parafernalia. Después de todo esto me di un paseo por el puedo, compré algo para cenar y desayunar y me fui a dormir. El ambiente en el pueblo era muy agradable nada que ver con un UTMB, pero se estaba muy bien

A las 5:30 h toca el despertador y empiezo la ceremonia de prepararme, eso ni un torero, no hay nada escrito, imposible de hacer un procedimiento para esto. Llevo las vendas de tobillos y rodillas puestas desde Santiago y es un trabajo menos que hacer. También tengo todo el material ya listo para vestirme y la bolsa de repostaje me la darán en Gosol, la mejor opción sin duda, así que tengo que llevar todo lo necesario hasta allí. Fundas para los dedos de los pies, crema solar, aceite para las piernas, calcetines de dedos, talco, vaselina, mas esparadrapo, secretos múltiples que vas aprendiendo a base de equivocarte... Acabo de vestirme, recojo todo y desayuno, lo acabo por el camino que ya se me hace tarde.

mércores, 18 de outubro de 2017

Ambiente festivo no CorreSAN Ruta da Prata de Angrois co Noitebra F.C. como club anfitrión

Arrincou con forza o CorreSAN 2017 coa nocturna da Cidade Vella, sempre co encanto de correr polas rúas de pedra de Compostela e fin no Obradoiro. Este impulso foi recollido polo CorreSAN Ruta da Prata, de especial significado para a AA.VV. de Angrois, e sobre todo para o Noitebra F.C. nestes últimos anos, que ben en forma de colaboración ou coa numerosa participación dos seus atletas, e incluso ciclistas metidos a runners, estreitaron lazos con este barrio compostelán que levaron xa a consolidar o asentamento do club no seu seo.

E a mellor forma de celebralo era a modo de festa, á que se sumaron moitos correlegas e os xa citados integrantes da sección de atletismo, que non dubidaron en acudir na súa maioría á cita ante a chamada feita dende o barrio.


venres, 15 de setembro de 2017

Aposta decidida do Noitebra F.C. polo CorreSan 2017

Logo dun verán de tolemia de competicións no Noitebra F.C., chega outra, ou non, senón paixón, como afirma o slogan do CorreSan 2017.

E xa é a sexta edición na que o club participará, con case 30 deportistas inscritos entre as súas dúas seccións (atletismo e ciclismo). O Noitebra aposta unha vez máis polo noso, polo feito en Compostela, como o leva facendo dende hai moitos anos. Gustaríanos ter máis xente participando, colaborando, etc., pero por uns ou outros motivos non podemos facer pleno.

Con todo, promete ser un CorreSan intenso no Noitebra, que comezará na tradicional Nocturna da Cidade Vella deste sábado 16 de setembro.

O 14 de outubro será a nosa proba grande, a carreira da Ruta da Prata en Angrois. Barrio que nos leva acollendo estes últimos anos con grande agarimo. Como adoita ser habitual, o Noitebra colaborará no desenvolvemento da carreira, e en días previos organizaranse quedadas para adestrar no percorrido.

A terceira proba, o 4 de novembro será tamén na contorna da nosa sede social, a carreira Ruta dos Parques, compartida polos barrios de Sar, Pontepedriña e O Castiñeiriño.

Finalizaremos cunha novidade este ano, o 2 de decembro coa carreira de Ponte Mantible-Vite, situando deste xeito unha proba na zona norte de Compostela.

A guinda do pastel a teremos, xa fóra de puntuación para o circuíto, coa San Silvestre o 31 de xaneiro. Este ano entra de balde no pack da inscrición no circuíto do CorreSan.

Vémonos por Compostela adiante.

+Info na web do CorreSan

luns, 24 de xullo de 2017

Intenso verán no Noitebra F.C.

A actividade non cesa no Noitebra e así, os nosos atletas e ciclistas se teñen deixado ver no mes de xuño e xullo por diversas competicións por Galicia adiante.
 
En atletismo cabe destacar a participación no Campionato de Galicia de Montaña en Esgos, con importantes logros en forma de medallas para Carlos Buján (M40), Pepe Bermúdez (M55) Jose Iglesias (Senior) e Juanecho Rivas (M35).
Tamén teríamos representación na pista de Monterrei (Ourense) no Campionato de Galicia de Veteráns, con Miguel A. Nogueira (prata M35 nos 5.000 ml.) e Paco Moure.
En xullo tería lugar o Campionato de Galicia de 5K en Curtis, con premiacións para Dani Becerra (bronce M50), Carlos Buján (prata M40), e Miguel A. Nogueira (bronce M35).
En canto a carreira populares, entre outros méritos, cabe destacar o triunfo por equipos mixtos na Carreira Pedestre de Carballo, coa colaboración das nosas amigas Áurea Retamal e Yolanda Gutiérrez.

 

A sección de ciclismo tamén se deixou ver nestes últimos meses, coa presenza de Iván Nogueira e Manu Alonso no Desafío do Ézaro e Jorge García na Ancares Road Warriors, en canto a ciclismo de estrada, e Miguel A. Nogueira no Campionato de Galicia BTT Maratón de Lalín, entre outros eventos de montaña.
E, non, non pechamos por vacacións. Mentres outros presumen de encher o bandullo nesta época, no Noitebra temos plans para agosto en forma de  millas, cronos, 10K... súmaste?

sábado, 20 de maio de 2017

II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Área Central, Santiago de Compostela)

O sábado 3 de xuño, en Area Central (Fontiñas, Santiago de Compostela), celebrarase o 3º día do deporte solidario, con múltiples actividades para cativos e adultos dende as 11h. da mañán ata as 21h., e das que poderedes ter máis información no seu facebook: https://www.facebook.com/D%C3%ADa-Do-Deporte-Solidario-En-%C3%81rea-Central-403315033363775
Este ano, os donativos irán destinados á Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA).

PROGRAMACIÓN EN PDF

Unha das actividades estrela da xornada será a II MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO, con carreiras en moitas categorías a disputarse dende as 18h. da tarde do sábado. Toda a información e inscricións (FGA) neste enlace: http://www.carreirasgalegas.com/…/0ac33682-d27c-0dcb-8d82-3…

Así mesmo, a organización precisa de VOLUNTARIXS, polo que se alguén quere colaborar, pode poñerse facelo a través deste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScUl2YWb1UZiPfYblKNiHFlc0IlE5q7Ajt-S3Iukri_h9PmzQ/viewform?c=0&w=1

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN COA CAUSA!

Grazas!

venres, 12 de maio de 2017

Excelentes resultados do Noitebra F.C. no Campionato de Galicia de Trail (A Pobra)

Dureza con premio para os atletas do Noitebra no Trail Galaica de A Pobra

Subcampionato absoluto para Carlos Buján e gañador na categoría, e máis medallas en cadansúa categoría para Jorge García, Pepe Bermúdez Turnes e Juan Rivas. Completarían a participación laranxa Fran Méndez e Fernando Antelo.



 Resultados FGA
+Fotos: Trail Galaica

martes, 9 de maio de 2017

O Noitebra na SantYaGo con podio por clubs

Nutrida representación de atletas do Noitebra F.C. na 10K nocturna SanYaGo

Como recompensa, premio ao club federado máis numeroso en finalizar a carreira!



+Fotos: La Voz de Galicia

Patrocinadores

Arquivo