Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de novembro de 2021

Pistas de atletismo da USC por fin para o 2022

A pesar da pandemia, teremos por fin pistas homoladas en Santiago de Compostela no 2022, tal e como se recolle na prensa:

A Secretaría  Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña, o  Concello de Santiago e a USC asinaron un convenio para a renovación e acondicionamento da pista de atletismo do Campus Vida, un documento que fixa o 31 de marzo do 2022 como data límite para o fin das obras.

Agora a esperar que a COVID-19 permita gozar delas.

 

Fonte: La Voz de Galicia

sábado, 21 de abril de 2018

Regulamento de Réxime Interno da Sección de Atletismo (2018)

Aprobados por unanimidade en Asemblea Xeral Extraordinaria o 20 de abril de 2018.


NOITEBRA FÚTBOL CLUB

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA SECCIÓN DE ATLETISMO



O presente regulamento contén as condicións, requisitos e circunstancias nas que se desenvolverá a actividade da sección de atletismo do Noitebra Fútbol Club no non previsto nos seus Estatutos, e responde á necesidade de arbitrar medidas concretas de actuación que posibiliten o funcionamento óptimo da sección, definindo os dereitos e deberes dos e das atletas, co obxecto de garantir os principios de igualdade e transparencia. Supoñen un marco de actuación”, e como tal deberá facerse público para que sexa coñecido e respectado tanto por parte dos órganos de goberno do Club, atletas da sección así como o resto de socios e socias do Club.

luns, 25 de decembro de 2017

Pechando o 2017 no Noitebra F.C.

E outro ano que deixamos atrás cheo de actividade no Noitebra FC.

Como afirmou o noso Presidente na súa mensaxe de nadal, encaramos una nova tempada na que dicimos adeus aos que se foron, recibimos con alegría aos que veñen, e agradecemos a continuidade dos que xa levan tempiño connosco.


A sección de atletismo, una vez máis, multiplicaría a súa participación en carreiras e campionatos, levando bos botíns a xeito de trofeos, medallas e sobre todo de ledicia, en espacial coas nosas carreiras en Compostela.
Con novos proxectos xa en marcha , reforzando a sección feminina, acollendo máis rapaces nas categorías escolares, e sobre todo seguindo coa esencia de sempre, propia dun grupo de amigos e amigas que procuran no atletismo un divertimento, sobre todo no coa súa práctica e posta decidida polos eventos de Santiago e comarca.



Tamén remata una tempada ben viva na sección de ciclismo, abarcando máis competicións e novas aventuras fóra de Galicia. En especial este ano que remata, foi a realización e participación en actividades de irmandade con colegas e clubs doutros lares lonxanos á Compostela. Quedan aquí novos retos pendentes, na procura sempre de emocións fortes no monte ou na estrada.

So nos queda felicitar as festas e o novo ano a todos os noitebros e noitebras, así como aos seus simpatizantes.

Vémonos nas carreiras, xa sexa a pé ou na bici ;)

sábado, 21 de outubro de 2017

Crónica da Ultra Pirineu 2017, por Jorge García "superfresh"

Vos deixamos a crónica da Ultra Pirineu 2017, unha das últimas machadas feita polo noso compañeiro Jorge García "superfresh".

Ultra Pirineu 2017 (22, 23, 24 de septiembre)

La crónica empieza, como siempre, varios días antes del viaje preparando todo el material para la carrera, lo mío parece una expedición al Himalaya pero es que al día siguiente de la carrera marchaba a Roma en bicicleta desde Barcelona, pero eso es otra historia.

Me levante temprano, pero con todo el lio de llevar a la niña al cole y demás, arranque por esas carreteras de dios casi a las 9 de la mañana. Santiago - Bagá del tirón con una única parada para mear en Belorado; el resto pues conducir y conducir. Lo llevo bien la verdad y más cuando es por carretera entretenida.

Llegué con tiempo a Bagá cansado, pero con tiempo aún de recoger dorsal, dejar bolsa de carrera y demás parafernalia. Después de todo esto me di un paseo por el puedo, compré algo para cenar y desayunar y me fui a dormir. El ambiente en el pueblo era muy agradable nada que ver con un UTMB, pero se estaba muy bien

A las 5:30 h toca el despertador y empiezo la ceremonia de prepararme, eso ni un torero, no hay nada escrito, imposible de hacer un procedimiento para esto. Llevo las vendas de tobillos y rodillas puestas desde Santiago y es un trabajo menos que hacer. También tengo todo el material ya listo para vestirme y la bolsa de repostaje me la darán en Gosol, la mejor opción sin duda, así que tengo que llevar todo lo necesario hasta allí. Fundas para los dedos de los pies, crema solar, aceite para las piernas, calcetines de dedos, talco, vaselina, mas esparadrapo, secretos múltiples que vas aprendiendo a base de equivocarte... Acabo de vestirme, recojo todo y desayuno, lo acabo por el camino que ya se me hace tarde.

mércores, 18 de outubro de 2017

Ambiente festivo no CorreSAN Ruta da Prata de Angrois co Noitebra F.C. como club anfitrión

Arrincou con forza o CorreSAN 2017 coa nocturna da Cidade Vella, sempre co encanto de correr polas rúas de pedra de Compostela e fin no Obradoiro. Este impulso foi recollido polo CorreSAN Ruta da Prata, de especial significado para a AA.VV. de Angrois, e sobre todo para o Noitebra F.C. nestes últimos anos, que ben en forma de colaboración ou coa numerosa participación dos seus atletas, e incluso ciclistas metidos a runners, estreitaron lazos con este barrio compostelán que levaron xa a consolidar o asentamento do club no seu seo.

E a mellor forma de celebralo era a modo de festa, á que se sumaron moitos correlegas e os xa citados integrantes da sección de atletismo, que non dubidaron en acudir na súa maioría á cita ante a chamada feita dende o barrio.


venres, 15 de setembro de 2017

Aposta decidida do Noitebra F.C. polo CorreSan 2017

Logo dun verán de tolemia de competicións no Noitebra F.C., chega outra, ou non, senón paixón, como afirma o slogan do CorreSan 2017.

E xa é a sexta edición na que o club participará, con case 30 deportistas inscritos entre as súas dúas seccións (atletismo e ciclismo). O Noitebra aposta unha vez máis polo noso, polo feito en Compostela, como o leva facendo dende hai moitos anos. Gustaríanos ter máis xente participando, colaborando, etc., pero por uns ou outros motivos non podemos facer pleno.

Con todo, promete ser un CorreSan intenso no Noitebra, que comezará na tradicional Nocturna da Cidade Vella deste sábado 16 de setembro.

O 14 de outubro será a nosa proba grande, a carreira da Ruta da Prata en Angrois. Barrio que nos leva acollendo estes últimos anos con grande agarimo. Como adoita ser habitual, o Noitebra colaborará no desenvolvemento da carreira, e en días previos organizaranse quedadas para adestrar no percorrido.

A terceira proba, o 4 de novembro será tamén na contorna da nosa sede social, a carreira Ruta dos Parques, compartida polos barrios de Sar, Pontepedriña e O Castiñeiriño.

Finalizaremos cunha novidade este ano, o 2 de decembro coa carreira de Ponte Mantible-Vite, situando deste xeito unha proba na zona norte de Compostela.

A guinda do pastel a teremos, xa fóra de puntuación para o circuíto, coa San Silvestre o 31 de xaneiro. Este ano entra de balde no pack da inscrición no circuíto do CorreSan.

Vémonos por Compostela adiante.

+Info na web do CorreSan

luns, 24 de xullo de 2017

Intenso verán no Noitebra F.C.

A actividade non cesa no Noitebra e así, os nosos atletas e ciclistas se teñen deixado ver no mes de xuño e xullo por diversas competicións por Galicia adiante.
 
En atletismo cabe destacar a participación no Campionato de Galicia de Montaña en Esgos, con importantes logros en forma de medallas para Carlos Buján (M40), Pepe Bermúdez (M55) Jose Iglesias (Senior) e Juanecho Rivas (M35).
Tamén teríamos representación na pista de Monterrei (Ourense) no Campionato de Galicia de Veteráns, con Miguel A. Nogueira (prata M35 nos 5.000 ml.) e Paco Moure.
En xullo tería lugar o Campionato de Galicia de 5K en Curtis, con premiacións para Dani Becerra (bronce M50), Carlos Buján (prata M40), e Miguel A. Nogueira (bronce M35).
En canto a carreira populares, entre outros méritos, cabe destacar o triunfo por equipos mixtos na Carreira Pedestre de Carballo, coa colaboración das nosas amigas Áurea Retamal e Yolanda Gutiérrez.

 

A sección de ciclismo tamén se deixou ver nestes últimos meses, coa presenza de Iván Nogueira e Manu Alonso no Desafío do Ézaro e Jorge García na Ancares Road Warriors, en canto a ciclismo de estrada, e Miguel A. Nogueira no Campionato de Galicia BTT Maratón de Lalín, entre outros eventos de montaña.
E, non, non pechamos por vacacións. Mentres outros presumen de encher o bandullo nesta época, no Noitebra temos plans para agosto en forma de  millas, cronos, 10K... súmaste?

sábado, 20 de maio de 2017

II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Área Central, Santiago de Compostela)

O sábado 3 de xuño, en Area Central (Fontiñas, Santiago de Compostela), celebrarase o 3º día do deporte solidario, con múltiples actividades para cativos e adultos dende as 11h. da mañán ata as 21h., e das que poderedes ter máis información no seu facebook: https://www.facebook.com/D%C3%ADa-Do-Deporte-Solidario-En-%C3%81rea-Central-403315033363775
Este ano, os donativos irán destinados á Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA).

PROGRAMACIÓN EN PDF

Unha das actividades estrela da xornada será a II MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO, con carreiras en moitas categorías a disputarse dende as 18h. da tarde do sábado. Toda a información e inscricións (FGA) neste enlace: http://www.carreirasgalegas.com/…/0ac33682-d27c-0dcb-8d82-3…

Así mesmo, a organización precisa de VOLUNTARIXS, polo que se alguén quere colaborar, pode poñerse facelo a través deste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScUl2YWb1UZiPfYblKNiHFlc0IlE5q7Ajt-S3Iukri_h9PmzQ/viewform?c=0&w=1

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN COA CAUSA!

Grazas!

venres, 12 de maio de 2017

Excelentes resultados do Noitebra F.C. no Campionato de Galicia de Trail (A Pobra)

Dureza con premio para os atletas do Noitebra no Trail Galaica de A Pobra

Subcampionato absoluto para Carlos Buján e gañador na categoría, e máis medallas en cadansúa categoría para Jorge García, Pepe Bermúdez Turnes e Juan Rivas. Completarían a participación laranxa Fran Méndez e Fernando Antelo.



 Resultados FGA
+Fotos: Trail Galaica

martes, 9 de maio de 2017

O Noitebra na SantYaGo con podio por clubs

Nutrida representación de atletas do Noitebra F.C. na 10K nocturna SanYaGo

Como recompensa, premio ao club federado máis numeroso en finalizar a carreira!



+Fotos: La Voz de Galicia

xoves, 4 de maio de 2017

O Noitebra non falta a súa cita coa Carreira Popular Concello de O Pino

Competindo por equipos na CP de O Pino 2017

Sempre presentes nesta carreira clásica do calendario galego


luns, 1 de maio de 2017

Éxitos do Noitebra FC na Carreira Popular Concello de Oroso

Carreira xa habitual para o Noitebra no 10K de Oroso

Victoria na categoría para Ricardo Villar e gran retorno de Shaila Muñiz co 2º posto na xeral feminina


venres, 28 de abril de 2017

O Noitebra FC triunfa na CP Batalla de Cacheiras

O Noitebra conquista o alto de Montouto e previamente Os Tilos

Club gañador por equipos, premios na súa categoría para Carlos Buján,  Dani Becerra e en categorías escolares para Lucas García. Guinda do pastel co 3º posto absoltuto para M. Nogueira


+Fotos: Facebook Batalla de Cacheiras

xoves, 20 de abril de 2017

Irmandamento do Noitebra coa III Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple (Santiago de Compostela)

Nova edición desta carreira solidaria en Santiago de Compostela

Será o próximo 21 de maio

Información e inscrición

mércores, 19 de abril de 2017

Presencia do Noitebra F.C. no Correo TV

Participación do club na tertulia do programa Punta e Tacón (Correo TV), dirixido por Silvia Castiñeiras

Dani Becerra compartiría impresións sobre a práctica do atletismo na nosa cidade

O Noitebra F.C. con premiación na Carreira da Pascua de Padrón

Nutrida participación do Noitebra na Carreira da Pascua de de Padrón

Novo logro para o club, cun 2º posto para seu equipo masculino de atletismo


Foto grazas a Manuel

+Fotos:
Álbum Koala36 Retratografía
RunPhotos Galicia

venres, 14 de abril de 2017

O Noitebra no Campionato de Galicia de Milla en Ruta (Arca, O Pino)

O club con representación na categoría Veteráns M35

Óscar Valle 8º, M. Anxo Nogueira, bronce

Carreira completa por xentileza de RunPhotos Galicia


Clasficacións (FGA)

martes, 4 de abril de 2017

Noitebros no Trail da Bisbarra do Sar (Padrón)

Noitebros traileiros

Fleky, Pepe (Jabato), J.R. Abel e Manolo Torres facendo o cabra polos montes de Padrón


+Fotos:
Álbum Organización

domingo, 11 de decembro de 2016

Celebración do incio e fin de tempada no Noitebra F.C.

Celebrando o fin-inicio de tempada

Aproveitando as datas próximas ao nadal, o Noitebra F.C. celebrou a tradicional cea de inicio de fin-inicio de tempada no Restaurante Quitapenas de Sar, que tamén valeu para celebrar as premiacións obtidas no CorreSan 2016.
Gala CorreSan 2016



Membros da directiva, da sección de atletismo, da sección de ciclismo e outr@s amigos do club compartirían mesa e unhas boas risas.





Tamén lanzamos novos retos para o inicio do ano, entre os que cabe destacar a preparación dun evento con subida ao Iroite o 1 de xaneiro (ciclismo de estrada, BTT e running). Iremos informando (só para membros do club e amig@s con invitación).




A directiva co propietario do Quitapenas en Sar

domingo, 30 de outubro de 2016

Finaliza a tempada 2015-2016 de atletismo para o Noitebra FC

Fin de tempada na Pedestre de Santiago

 


Xa van oito tempadas dende que a sección de atletismo comezara a "correr" de forma oficial alá polo ano 2008. Moitas cousas teñen pasado, sobre todo boas, e aquí seguimos. Mal pese a uns, e para delicia doutros ;)

Esta tempada, que vén de finalizar cunha ampla participación de atletas do club na Pedestre de Santiago, o equipo demostrou o seu claro compromiso coas probas celebradas no Concello de Santiago, e así o plasmou coa vitoria do equipo masculino no CorreSan 2016 e, por primeira vez, subindo ao podio as nosas rapazas, co 3º posto!!

Patrocinadores

Arquivo