Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2015

Torneo 15 Aniversario do Noitebra F.C. As vellas glorias novamente de curto

De éxito rotundo se pode calificar a resposta á convocatoria feita polo presi do equipo, Pepe Bermúdez, para o gran reencontro que prometía ser o do equipo de fútbol do Noitebra F.C. Máis de corenta persoas, entre xogadores do equipo veterano, ex-xogadores e adestradores das 13 tempadas federadas do equipo, déronse cita no campo de fútbol de Brión a tarde do sábado día 13 de xuño, que ficará xa na memoria de todos.
Noitebra F.C. 2015

martes, 12 de marzo de 2013

Campaña de Soci@s do Noitebra F.C. 2012-2013

Por fin iniciamos a campaña de soci@s do Noitebra F.C. da tempada 2012-2013.

A incorporación de novos patrocinadores, colaboradores e outras demoras técnicas fixeron que aínda presentemos a campaña a estas alturas da tempada, pero máis vale tarde ca nunca.
Seguiremos un ano máis co deseño elaborado por Rubén Moñino:

venres, 15 de febreiro de 2013

Anorak do Club co patrocinio de Chelo-Muñico

Informamos a todos os deportistas federados no Noitebra FC (fútbol e atletismo), que xa teñen dispoñible na tenda 39 Segundos (Pontepedriña) o anorak do club patrocinado por Chelo-Muñico.

Poderase retirar logo de depositar na tenda unha fianza de 10 euros.


En breve vos convocaremos a un pequeno acto en agradecemento a este novo patrocinador que vimos de incorporar á nosa familia.




Aviso: o sábado día 16 de febreiro a tenda estará pechada con motivo da organización da I Carreira da Filloa (Lestedo).

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Fútbol: LEVANTADO O Plante indefinido na competición do grupo 10 da 3ª autonómica

MÁIS INFORMACIÓN (25/01/2013 ás 22:15 h.):

Ampliar a noticia aquí


ACTUALIZAMOS (25/01/2013 ás 00:00 h.) : 
Segundo nos comunican fontes internas do noso club, ao parecer xa se solucionou o problema dos impagos, polo que se levanta o plante na competición. Así que, HABERÁ LIGA ESTE DOMINGO.

Sen dúbida unha moi boa noticia!!


NOTICIA ANTERIOR:
Publicado hoxe (25/01/2013) no facebook de Compostela en la Onda (Onda Cero):


Dende o blog oficial do club queremos poñer ao tanto a todos os socios/as e deportistas federados da nosa entidade do que está a suceder coa nosa querida sección de fútbol, que visto os incumprimentos das autoridades municipais responsables, se ve forzada a plantar de forma indefinida a competición na 3ª autonómica.

Esperaremos acontecementos co desexo de que as partes implicadas cheguen a un acordo o antes posible.

mércores, 14 de novembro de 2012

Subvención Kutxabank para o Noitebra F.C.

Dende a directiva do Noitebra F.C. queremos lembrar a necesidade de que tanto os integrantes da sección de fútbol como de atletismo fagan un esforzo por colaborar co club abrindo unha conta persoal no Kutxabank en nome do Noitebra. É o único xeito no que poderiamos gozar da subvención económica proporcionada por esta entidade a través da súa acción social.

Toda a información e condicións están recollidas nas bases entregadas/enviadas no seu momento tanto aos futbolistas como aos atletas do noso Club.

Sabemos que non son tempos fáciles, pero o certo é que esta operación non supón custe algún, xa que os cartos depositados nesta entidade se poderán recuperar a partir da data indicada nas citadas bases. Pola contra, quen non colabore terá que irremediablemente facer fronte a todas as cotas  de socios asignadas, e incluso, de non lograr os méritos deportivos que lle otorguen o dereito de bonificación sobre os gastos federativos, non obterá reintegro algún dos mesmos.

Mirade ben o tema, porque o prazo para abrir a conta e obter dita subvención remata a finais deste ano 2012 e logo nunca máis poderemos optar a ela.

Boa parte da directiva xa fixo o esforzo e temos a nosa conta feita. Agora é a vosa quenda. Non deixedes pasar esta oportunidade pola que seredes recompensados.

Lembrade tamén que en Santiago de Compostela a oficina do Kutxabank está situada na rúa da Senra, baixando cara a Carreira do Conde. Alí teredes que preguntar por Rocío Nieto, que xa está ao tanto do tema.




venres, 5 de outubro de 2012

Fútbol: Inicio da liga 2012-13. A Gracia - Noitebra

Por fin comeza a liga de fútbol na 3ª autonómica do grupo 10 de Santiago de Compostela despois dun verán convulso por mor do tema das subvencións e dos campos de adestramento.

Logo de solventarse os problemas, chega a hora de pensar xa na competición, e un mes máis tarde do que se fixera o ano pasado, o Noitebra F.C. comeza unha nova andaina na categoría repetindo o escenario do estreo da tempada pasada: Santa Isabel. Alí xogará o domingo 7 de outubro ás 12:45 h. de visitante ante o Xa Chegou.



Será momento de ir vendo o potencial do noso equipo, que deberá conxuntar unha base de xogadores destas últimas tempdas coas novas fichaxes e retornados ao club. Traballo abondo terán Martín B., Rubén M. e Taboada. A eles e a todos os xogadores lles desexamos moita sorte para este partido e para toda a liga.

Vamos Noitebra!!!

sábado, 22 de setembro de 2012

Fútbol: Calendario de Liga 2012-2013 e Copa de Santiago

CALENDARIO DA COPA DE SANTIAGO 2012-2013 PARA O EQUIPO DE FÚTBOL DO NOITEBRA

O Noitebra salva a eliminatoria previa do mes de decembro.
Accede ao calendario (FGA) aquí



CALENDARIO  DE LIGA 2012-21013

Supoño que a estas alturas do mes os seguidores do equipo de fútbol do Noitebra e, en xeral, da 3ª autonómica de Santiago de Compostela, estarían ao tanto da revolución que se montou e que a punto estivo de por en perigo a competición dos denominados "Modestos de Santiago". En síntese, esta foi máis ou menos a secuencia dos acontecementos:

xoves, 6 de setembro de 2012

Fútbol: Pretempada 2012-2013 do Noitebra F.C.

Un ano máis, e a pesar das dificultades, o  Noitebra F.C. inicia a súa 13ª pretempada consecutiva na 3ª Categoría Autonómica do fútbol santiagués.

Foto da tempada pasada no Castiñeiriño no encontro ante o Atl. Fátima
O primeiro día de traballo tivo lugar o luns 3 de setembro cun adestramento-presentación realizado no Parque do Paxonal, dirixido por Martín B., Rubén e Taboada, dando a benvida aos novos xogadores, aos retornados, e, por suposto aos que por sorte continúan connosco.

martes, 18 de outubro de 2011

Fútbol: Noitebra 2 - San Pedro 2

O Noitebra empata a 2 ante o San Pedro despois de culminar a remontada na segunda metade cos goles de Pedro.

Xa temos a crónica do Mister:

Tarde-noite soleada, pero fresca. Sexta xornada de liga na que nos enfrontabamos a un San Pedro en progresión.

Con Cela na portaría, formamos unha primeira liña de tres centrais con Agustín, Martín e Miguel, actuando Álex e Rubén como carrís, Taboada gardando as costas e un medio de creación con Pedro, Iago e Manuel; en punta Simón

Iniciamos o partido ben asentados e dando mostra de que podiamos facer algo. Boas combinacións no medio campo, pero que se diluían preto da portaría rival. Na liña defensiva, algún desaxuste na marca e na saída de atrás, fíxonos dubidar e concedemos algunha ocasión, unha das cales rematou en gol. O equipo non se veu abaixo e intentou sen éxito marcar un gol.

A segunda parte comezámola espesos e como consecuencia encaixamos un segundo gol. Tiramos de casta e arriscando conseguimos facer un gol a balón parado tras unha falta botada por Manuel e rematada de cabeza maxistralmente por Pedro. Cos cambios realizados que deron frescura ao equipo, e tras unha incursión por banda que rematou en penalti sobre Agustín, Pedro transformaría o empate merecido.

Boas sensacións principalmente nun medio campo que nos pode dar alegrías e bo xogo.


Lamentar a lesión de Rubén. Estamos á espera de saber o alcance da mesma.


O próximo partido será o domingo 23 de outubro, ás 12.45 h. do mediodía contra o Urban nas Cancelas.

 
Máis información no espazo de fútbol do Noitebra.

mércores, 5 de outubro de 2011

Fútbol: A Inmaculada 1 - Noitebra 2

E na quinta xoranda chegou a primeira victoria do Noitebra. Sería por 1-2 ante o equipo de A Inmaculada.

A continuación a crónica do mister:

Quinto partido e como non hai quinto malo, gañamos o noso primeiro encontro da tempada. Con Cela en porta, cunha liña de tres: Agustín, Enrique e Martín, con Pedro por diante, Rubén e Nahuel exercendo de volantes, Taboada e Manuel tentando crear xogo, e dúas puntas para Simón e Alberto.
 
Saímos ben, e durante o primeiros dez minutos non houbo apenas problemas, pero o ímpeto do rival e as entradas ao límite fixéronnos recuar e non nos deixaron ter o balón, o cal o perdiamos con facilidade. Encaixamos o gol nunha falta ao borde da área que o noso porteiro incomprensiblemente deixou entrar. Non calculou ben onde estaba a portería e o balón pegou suavemente no pau e entrou.

Ao fío do descanso tivemos un par de ocasións (de Simón e Alberto) que nos deron confianza para saír na segunda parte moito máis enchufados e con máis gañas. Un golazo de Alberto en xogada persoal deunos aínda máis moral. E o partido converteuse nun correrúas no que a sorte e o bo facer da nosa liña defensiva evitaron un segundo gol en contra. Á saída dun córner, e tras varios rexeites, Agustín atopou un balón solto que o converteu na nosa primeira vitoria. Logo a sufrir.


A vindeira xornada será de descanso, e non se xogará ata o fin de semana do 15-16 de outubro contra o San Pedro.

Próximos adestramentos, o mércores 5 de outubro ás 21.30 h. en Villestro e o venres 7 de outubro ás 21 h. nos exteriores do estadio de San Lázaro.

Mías información na friquiweb de fútbol do Noitebra.

luns, 26 de setembro de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - Velacruz 2

Nova derrota do Noitebra por 0-2 ante o Velacruz no partido xogado o domingo pola tarde-noite en Villestro. En xeral o sentimento compartido dos xogadores é que se vai progresando no axuste do equipo, pero aínda hai bastante por mellorar tanto no plano físico como no técnico-táctico.

O bo de todo isto e que xa hai que pensar na próxima xornada, que será contra A Inmaculada.

 
O partido xogarase o domingo 2 de outubro, ás 19:30 h. no campo de A Barrosa (Villestro).

domingo, 18 de setembro de 2011

Fútbol: Conxo 7- Noitebra 0

Dura derrota do Noitebra por 7-0 co Conxo no seu campo na tarde do domingo.

Próximo encontro contra o Velacruz, o domingo 25 de setembro ás 19.30 h. no campo da Barrosa (Villestro).


luns, 12 de setembro de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - Victoria 4

Dura derrota do Noitebra por 0-4 ante o Victoria no partido xogado a tarde-noite do domingo en Villestro.

O próximo partido será contra o C.D. Conxo, que golea aos seus rivais de 4 en 4, e comparte liderato cun bo lote de equipos neste inicio de liga. 


 En breve daremos información sobre a celebración do encontro na cabeceira do blog.

luns, 5 de setembro de 2011

Fútbol: Ruanova 3 - Noitebra 2

O Noitebra inicia a liga con derrota ao caer por 3-2 ante o Ruanova no partido xogado o domingo en Santa Isabel.
No obstante, as sensacións do nosos equipo foron boas. Ademais, debemos ter en conta que se levan realizado poucos adestramentos, quedando aínda moito traballo por facer para conxuntar o grupo e gañar en competitividade.

O próximo partido será contra o Victoria.



En breve informaremos sobre a data, campo e hora.

venres, 2 de setembro de 2011

Fútbol: Inicio da liga 2011-2012 na 3ª Autonómica Grupo 10

O domingo 4 de setembro o Noitebra F.C. iniciará a tempada 2011-2012 ante o Ruanova. O partido, todo un clásico pola historia dos dous equipos, celebrarase ás 16 h. no campo municipal de Santa Isabel.


Este ano o grupo de 3ª autonómica de Santiago será o nº 10 e estará composto por 17 equipos:

C.D. Conxo
Atl. Fátima
Velacruz C.F.
C.F. Vista Alegre
C.D. A Inmaculada
Campo da Angustia F.C.
Noitebra F.C.
Club Estrela Vermella
San Pedro F.C.
Amizade C.F.
C.D. Urban
A Gracia C.F.
U.D. Lavacolla
Ruanova F.C.
C.D. Belvís
Victoria C.F.
Peña Bodegón Arzúa

xoves, 25 de agosto de 2011

Fútbol: calendario 2011-2012

Xa temos o calendario de partidos para a liga 2011-2012 no grupo 10 da 3ª Autonómica. Iniciarse a fin de semana do 3-4 de setembro, fronte ao Ruanova.

O Noitebra descansará as xornadas 6ª (9/10/2010) e 23ª (19/02/2011).

A liga rematará a fin de semana do 12-13 de maio.


CALENDARIO 2011-2012 (FGF):




mércores, 17 de agosto de 2011

Fútbol: inicio da pretempada 2011-12


Este xoves 18 de agosto ás 21 horas o equipo de fútbol do Noitebra, que militará na 3ª atonómica de Santiago de Compostela a próxima campaña, iniciará a pretempada no parque do Paxonal (zona dos aparatos de ximnasia).


Nesta primeira sesión cítase aos xogadores que continúen da tempada pasada e aqueles que se incoperen na actual, así como tamén aqueloutros que queiran adestrarse e probar para formar parte do plantel deste ano.

Martín
O responsable técnico do equipo será Martín, como xa o fora a tempada pasada, ao cal lle desexamos o mellor nesta nova campaña, e por supousto agradecerlle a súa inestimable colaboración. 

Como responsables da xestión administrativa da sección estarán Rubén e Taboada, que xa están a ultimar o que será a nova tempada na que seguiremos contado con Richy como o gran capitán e socio fundador. Ao tanto de todo o tinglado estará o noso presi, Pepe Bermúdez.

En breve tratremos de irvos informando do que será o plan para esta pretempada así como o calendario e data do inicio da liga.

mércores, 22 de xuño de 2011

Fútbol: adestramentos

Por motivo da Compostela Cup esta tempada rematan os adestramentos no campo de As Cancelas.

As pistas do Estadio de San Lázaro, e co mesmo motivo, só se poderán empregar o luns 27 e martes 28 do que queda de xuño, rematando a concesión para esta tempada a final do citado mes.

domingo, 5 de xuño de 2011

Fútbol: Fin de Tempada 2010-11. Partidiño Noitebra FC Vs Vellas Glorias

 O vindeiro sábado 11 de xuño a partir das (ollo cambio na hora) 17 h. no campo de fútbol de Brión, o Noitebra F.C. celebrará o fin da tempada 2010-11 cun partidiño no que participarán as Vellas Glorias do noso equipo.

Sen dúbida unha xornada festiva que non debedes de perder para ter un bo recordo como cando o 5º aniversario do noso Club.

Noitebra FC vs Vellas Glorias. Foto do 5º Aniversario
 
Informamos tamén que as instalacións deportivas para os adestramentos de fútbol e preparación física (As Cancelas e San Lázaro) seguirán estando dispoñibles nos horarios habituais ata o final deste mes de xuño.

Patrocinadores

Arquivo