Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2011/2012 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2011/2012 b>. Amosar todas as publicacións
luns, 31 de decembro de 2012
Atletismo: XIII Carreira Popular de Pontecesures
sábado, 1 de decembro de 2012
Atletismo: Resume da tempada 2011-12
Un ano máis chega o momento de facer un breve resume do que foi a tempada 2011-12 na sección de atletismo do Noitebra. Sen dúbida, este ano atlético serviu para continuar facendo forte o equipo e, sobre todo, para ter xa certa presenza no panorama do running galego.
![]() |
| Nacho Liñares co seu diploma. Foto grazas a Ángeles |
Na noite do venres celebramos a xa tradicional cea da sección, onde aproveitamos non só para compartir un bo momento entre a grande familia que estamos a formar, senón tamén para lembrar de onde partimos no seu momento e a onde chegamos a día de hoxe, facendo unha pequena cerimonia para entregar as mencións de honra para atletas do equipo que o levan dando todo dende os inicios, que se teñen convertido xa nos referentes do Noitebra F.C. Atletismo, e que sen eles isto non sería o mesmo.
Etiquetas:
Atletismo
,
Atletismo Tempada 2011/2012
,
Atletismo Tempada 2012/2013
,
Noticias
,
O Club
Compárteo
luns, 29 de outubro de 2012
Atletismo: 35 Carreira Pedestre de Santiago
Día de festa atlética na 35 Carreira Pedestre de Santiago, onde non fallou a participación do Noitebra F.C.
| Foto de grupo grazas a O Presi, pero feita polo Admin. de Correr en Galicia |
O pasado domingo fomos unha gran familia, xuntándonos uns 25 noitebros entre atletas de todas as categorías, socios e amigos, que calzaron as zapatillas para correr por Santiago adiante.
luns, 22 de outubro de 2012
Atletismo. XVII Media Maratón Cidade de Pontevedra
Este domingo os atletas do Noitebra participaron na XVII Media Maratón Cidade de Pontevedra.
![]() |
| Foto do equipo grazas a Fran |
Os nosos representantes serían Puri, Nacho L., Fernando, J. M. Mallo, Fran e M. Pirri. Pepe sería baixa por lesión, aínda que cremos que non corre risco a súa participación na Pedestre de Santiago.
martes, 16 de outubro de 2012
Atletismo: CorreSan Cidade da Cultura (75 aniversario do Victoria F.C.). Fin de Circuíto
E chegou o fin do circuíto de carreiras de Santiago, o CorreSan, coa última proba, a da Cidade da Cultura (75 aniversario do Victoria F.C.), o domingo pola mañá e cun clima propicio para dalo todo.
![]() |
| Foto da familia do Noitebra no máis alto do podio. Por xentileza de Silvia e Mark L. |
Boa participación de noitebros que, ademais, estarían apoiados por moitos familiares e coñecidos no percorrido e na grada do Estadio de San Lázaro.
domingo, 14 de outubro de 2012
Atletismo: XIV Carreira Pedestre de Lestrove
Crónica da carreira de Lestrove por xentileza de Fran:
Este pasado venres e coas pernas mazadas da fin de semana anterior e a dous días de asistir a derradeira carreira do Corresan, 6 Noitebros participamos na XIV Carreira Pedestre de Lestrove.
![]() |
| Foto do podio por equipos grazas a Mark L. |
Os incansables foron Walter nas categorías inferiores (nas que tamén participarían os rapaces de Mark) que realizou unha gran carreira (segue así que cando chegues as nosas categorías hasnos comer as papas) e na absoluta Anxo, Mark, Víctor, Pepe e Fran, coas baixas de última hora de Abel e Manolo (que estaría animando entre o publico) por diferentes motivos. Tamén, como ben sendo habitual, contamos co apoio moral de varios familiares e simpatizantes.
mércores, 10 de outubro de 2012
Atletismo: Previa CorreSan Cidade da Cultura "75 aniversario do Victoria F.C."
Este domingo remata o circuíto do CorreSAN, coa carreira da Cidade da Cultura, que logo de diversas modificacións do percorrido terá unha distancia duns 5,9 km para a súa categoría absoluta.
Lembrar que se celebrará o domingo 14 de outubro ás 10:30 h. para esta categoría, con saída na Cidade da Cultura e chegada no interior do Estadio de San Lázaro (a nosa sede deportiva), polo que o idóneo é aparcar nas inmediacións do estadio e logo ir facendo o quecemento ata a Cidade da Cultura.
A carreira escolar será ás 11:30 h. con saída e chegada no entorno do Estadio de San Lázaro, completando un percorrido de pouco máis de 2,1 km.
Haberá servizo de duchas no propio Estadio de San Lázaro.
Polo de agora no é que haxa unha gande inscrición (polo menos na carreira absoluta), polo que animamos a que todo o mundo participe, xa que hoxe mércores é o último día para inscribirse (ver información oficial máis abaixo).
En canto ao noso equipo, a día de hoxe contamos cuns 18 anotados entre todas as categorías, o cal non está nada mal, pero cantos máis sexamos mellor, xa que queremos estar arroupados ao máximo posible na celebración da clausura do circuíto, que terá lugar unha vez rematadas todas as carreiras, e onde se entregarán os diferentes premios por categorías e equipos.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)








