Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2012/2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2012/2013. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de setembro de 2013

Atletismo: informe preliminar para as bonificacions da tempada 2013-14

Publicamos o informe preliminar sobre as bonificacións para a tempada 2013-14  aos atletas federados da sección de atletismo.
O informe ten data de 27 de agosto, polo que os cómputos foron realizados ata esa data. Dito cómputo, loxicamente pode ter erros, xa que puidera ser que non tivésemos constancia te todas as carreiras ás que foi cada atleta do club dende novembro de 2012. 
De ser o caso, contactar directamente con Miguel Nogueira, tesoureiro do club, que será quen confirme a información de cara a dar o OK sobre a bonificación para a tempada vindeira.
Os que teñan por cumprir algún dos criterios (os baremos están ao final de cada columna da táboa), que lembren que a tempada oficial 2012-2013 remata a finais de outubro. 
Quen teña pendente algunha cota de socio que valore, segundo sexa a súa situación, se abonala ou non.

domingo, 8 de setembro de 2013

Atletismo: carreiras en Noia (FGA), Broña, Petín (FGA), Mugardos (FGA), Vilagarcía, Artes, Meaño e A Estrada

A continuación vos achegamos o resumo de carreiras nas que participou o Noitebra nestas últimas semanas.
O Noitebra en Broña
Intensa actividade con presenza na XVII Carreira Pedestre Popular Concello de Noia (FGA), no IX Cross de Verán de Broña, na IV Media Maratón de Petín (FGA), na XXXII Marathón Popular San Juan de Piñeiro en Mugardos (FGA), na X Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía de Arousa, na VI Carreira do Demo  de San Xián de Artes en Ribeira, na XXIX Carreira Popular Concello de Meaño e no III Memorial Manuel Bergueiro en A Estrada. Case nada!

domingo, 1 de setembro de 2013

Atletismo: Carreira Solidaria por Samuel en Padrón, XXII Carreira das Areas en Carnota e V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

O verán non sempre é sinónimo de vacacións e así o demostran os atletas do Noitebra coa súa participación en diferentes carreiras a pasada semana.
Foto de grupo con Samuel
Estivemos na Carreira Solidaria por Samuel en Padrón, na XXII Carreira das Areas en Carnota e na V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal.

luns, 26 de agosto de 2013

Atletismo: Convocatoria Oficial para a XVII Carreira Pedestre Popular de Noia (FGA)

O Noitebra F.C. CONVOCA aos seus atletas federados para participar na XVII Carreira Pedestre Popular de Noia que se celebrará o próximo sábado 31 de agosto.
AVISAMOS de que estamos a facer o cómputo de carreiras da tempada e nos consta que hai atletas que aínda non participaron no mínimo de convocatorias esixido (3) para obter o 100% da bonificación federativa para a tempada que vén. Coa intención de que  poidan ir cumprindo este criterio, realízase esta convocatoria oficial na que cada atleta deberá formalizar a súa inscrición de xeito individual a través da web EME Sports, para logo remitir dende o club á organización a listaxe de atletas que representarán ao equipo en Noia (consultaremos os participantes do club dende a web de inscrición, polo que non ocultedes o nome no proceso, ou senón, avisádenos a tempo!).
Conformarán equipo un mínimo de 8 corredores/as chegados a meta, dos cales puntuarán os 4 primeiros en finalizar.

domingo, 18 de agosto de 2013

Atletismo: Chamamento para a Carreira Pedestre Solidaria a favor de Samuel en Padrón

Dende o club facemos chamamento para participar na Carreira Pedestre Solidaria a favor de Samuel organizada pola ONG Mímame en Padrón o sábado día 24 de agosto.

Samuel, fillo de Juanma Mata (amigo e vello coñecido dalgúns noitebros) sofre unha enfermidade dexenerativa. Seguro que os coñecedes de velos nalgunha carreira correndo coa silla de rodas.

A carreira será ás 22:30 h. e a inscrición e donativo a realizar será de 3 euros (só os adultos). Máis información aquí.

 

Animádevos a participar. Máis de un faremos cambios nos nosos plans para non fallar á cita.

venres, 16 de agosto de 2013

Atletismo: XX Carreira de Lira e XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre (FGA)

Seguen as carreiras de verán para os atletas do Noitebra con participación na XX Carreira de Lira e na XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre (FGA).
Foto: A.C. Canle

venres, 9 de agosto de 2013

Atletismo: +10 Manuel Rosales de Marín, Carreira Popular de Mesía 2013 e XXII Milla Urbana de Ares (FGA)

A sección de atletismo segue activa en verán. A pasada semana tivemos representación no +10 Manuel Rosales de Marín, na Carreira Popular de Mesía 2013 e na XXII Milla Urbana de Ares (FGA).
Foto: organización
Homenaxe ás vítimas de Angrois en Marín e podios para J. R. Abel e Amador Pena en Mesía e Ares respectivamente.

venres, 2 de agosto de 2013

Atletismo: VI Media Maratón Nocturna de Ponferrada e I Carreira do Carneiro ao Espeto en Moraña

Logo do loito polo tráxico suceso da semana pasada toca seguir adiante coa actualidade atlética do club.
José R. Abel no podio de Moraña. Foto: Patricia Iglesias
Hai unhas semanas os nosos atletas estiveron presentes na VI Media Maratón Nocturna de Ponferrada e na I Carreira do Carneiro ao Espeto en Moraña.

xoves, 18 de xullo de 2013

Atletismo: CorreSan Cidade Vella (FGA) e I Carreira Popular de Ventorrillo, A Coruña (FGA)

Outra fin de semana atlética para o Noitebra, destacando a participación dos nosos en dúas carreiras do calendario galego da FGA. Por una banda vivimos una auténtica festa coa Carreira Nocturna do CorreSan Cidade Vella o sábado, e o domingo tivemos tamén representación na I Carreira Popular de Ventorrillo na Coruña.
Foto de grupo na Quintana. Por xentileza de R. Picón
En ámbalas dúas probas obteríamos postos de podio a nivel individual personificados en Amador Pena e J. R. Abel.

sábado, 13 de xullo de 2013

Atletismo: Campionato Galego de 5km en ruta (FGA) e V Carreira Popular do Concello de Cambados

A pasada fin semana o Noitebra tivo presenza en dúas citas atléticas moi condicionadas pola vaga de calor. O sábado pola tarde estariamos no Campionato Galego de 5 km en ruta celebrado en Ribeira e o domingo pola mañá na xa clásica Carreira Popular do Concello de Cambados, que vai pola súa 5ª edición.
Jose e Amador en Cambados. Foto: Vivir Cambados
A calor foi demoledora véndose afectadas as marcas persoais nuns circuítos moi propicios para rachar o crono.

venres, 5 de xullo de 2013

II Carreira Sendas do Sil (FGA) e I Carreira Popular do Concello de Touro (FGA)

Tórrida mañá de domingo con dúas citas competitivas para o Noitebra: II Carreira Sendas do Sil (FGA), no Barco de Valdeorras, e I Carreira Popular do Concello de Touro (FGA).
Gonzalo en Touro. Foto: Facebook
Poucos atletas do equipo se atreveron a desafiar as altas temperaturas, pero trouxeron para casa cadanseu galardón. Máis non se pode pedir.

mércores, 3 de xullo de 2013

Atletismo: I Carreira Solidaria Runs for Parkinson’s Compostela (FGA) e I Carreira Nocturna de Castiñeiras (Ribeira)

E chegou o verán en plenitude nesta pasada fin de semana con dúas carreiras vividas de formas diferentes polos atletas noitebros. Moita calor a tarde do sábado no Campus Sur da USC coa I Carreira Solidaria Runs for Parkinson’s Compostela (FGA) e noite plácida e ben agradable coa I Carreira Nocturna de Castiñeiras en Ribeira.
Nutrido grupo de noitebros na calorosa tarde no Campus Sur. Foto: Javier.
A participación máis importante en número estivo co Campus, onde o club recolleu numerosos triunfos.

luns, 1 de xullo de 2013

Atletismo: 10K Ruta da Construción Naval 2013, Ferrol (FGA)

Antes de comentar o que foi outra intensa semana de competicións no Noitebra, quedábanos por facer unha breve reseña da participación de Amador Pena nos 10K Ruta da Construción Naval 2013 (FGA), en Ferrol o pasado domingo día 23 de xuño.
Amador coa azul e branca no podio
E o noso compañeiro non podía ter mellor resultado, ao quedar 2º na súa categoría, subindo unha semana máis ao podio, e iso que viña de dobrar no CorreSan a tarde anterior.

venres, 28 de xuño de 2013

Atletismo: CorreSan Campus Norte e Campionato da USC (FGA)

Os sábado tivo lugar a segunda carreira do circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, o CorreSan Campus Norte.
Foto de grupo en Xoán XXIII. La Voz de Galicia
Nova proba na contorna universitaria que sería aproveitada para celebrar o Campionato de atletismo en ruta da USC.

xoves, 27 de xuño de 2013

Atletismo: Chamamento para a I Carreira Pedestre Popular do Concello de Touro (FGA)

Veñen de contactar connosco dende a organización da I Carreira Pedestre Popular do Concello de Touro para animarnos a participar.

A Carreira será este domingo día 30 de xuño dende a partir das 10.30 h.

O prazo de inscrición foi prorrogado ata hoxe xoves día 27 ás 22 h.

Moitos de nós xa temos comprometida a nosa asistencia a outras probas, pero quen se atope con gañas e forzas, e poida ir, que se anime, xa que non está moi lonxe da casa e está a poñer moito empeño en facelo ben.
Tedes toda a información sobre a carreira na web da FGA e en Championchip Norte.

martes, 25 de xuño de 2013

Atletismo: II Carreira Nocturna Estradense

O pasado venres varios atletas do Noitebra participaron na II Carreira Nocturna Estradense.
Óscar na chegada á meta
A carreira, organizada polo Club Atletismo A Estrada, e de aproximadamente 6,8 km, forma parte do I Circuíto Corre A Estada Corre.

domingo, 23 de xuño de 2013

Atletismo: III Carreira Popular Concello de Carballo (FGA)

O pasado domingo tivemos una nova cita cunha proba federada, neste caso coa III Carreira Popular Concello de Carballo.
Amador no poido de Carballo
Uns poucos dos nosos atletas serían da partida para percorrer os "longos" 10 km, pero a participación non sería anecdótica, xa que Amador Pena subiría ao podio na súa categoría.

sábado, 22 de xuño de 2013

Atletismo: I Ultra Trail do Barbanza e I Media Maratón de Ancares (Villafranca del Bierzo)

O pasado sábado tivemos aos nosa atletas amigos da longa distancia en dúas probas ben diferentes, pero duras. Jorge García estaría na I Ultra Trail do Barbanza, participando na machada dos 68 km. Fran Méndez se desprazaría coa familia ata Villafranca del Bierzo para correr a I Media Maratón de Ancares.
Foto: Adán R.
Foto: Arousa.com














Boas experiencias para os nosos, e en especial para Jorge García, que mesmo subiría ao podio na súa categoría logo da "tortura".

venres, 21 de xuño de 2013

Atletismo: Convocatoria Oficial do Noitebra para a I Carreira Run for Parkinson's Compostela (FGA)

O Noitebra F.C. CONVOCA oficialmente a todos os seus atletas federados e non federados para participar por equipos na  I Carreira Run for Parkinson's Compostela (FGA) que se celebrará no Campus Sur da Universidade de Santiago o próximo sábado día 29 de xuño.

Nova oportunidade para que os atletas do noso club vaian cumprindo co regulamento do club para obter as bonificacións sobre taxas federativas e especialmente para colaborar coa causa da organización da carreira.

O prazo de inscrición remata o día 26 de xuño ás 22 h.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

venres, 14 de xuño de 2013

Atletismo: Campionato Galego de Montaña en Esgos (FGA) e XVIII Carreira Popular de Ordes (FGA)

Nova dobre cita dos atletas do Noitebra a pasada fin de semana, coa participación no Campionato Galego de Montaña en Esgos e na XVIII Carreira Popular de Ordes.
Puri no podio de Esgos. Foto: Alfredo Ferreiro
 Ambas probas pertencen ao calendario da FGA.

Patrocinadores

Arquivo