Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións

luns, 31 de decembro de 2012

Atletismo: XIII Carreira Popular de Pontecesures

Xa o sábado tivemos xente do Noitebra a celebrar o fin de ano de forma anticipada. Sería na XIII Carreira Popular de Pontecesures.

Algúns noitebros en Pontecesures. Foto de Silvia
A continuación a crónica por xentileza de Fran Méndez:

sábado, 1 de decembro de 2012

Atletismo: Resume da tempada 2011-12

Un ano máis chega o momento de facer un breve resume do que foi a tempada 2011-12 na sección de atletismo do Noitebra. Sen dúbida, este ano atlético serviu para continuar facendo forte o equipo e, sobre todo, para ter xa certa presenza no panorama do running galego.

Nacho Liñares co seu diploma. Foto grazas a Ángeles
Na noite do venres celebramos a xa tradicional cea da sección, onde aproveitamos non só para compartir un bo momento entre a grande familia que estamos a formar, senón tamén para lembrar de onde partimos no seu momento e a onde chegamos a día de hoxe, facendo unha pequena cerimonia para entregar as mencións de honra para atletas do equipo que o levan dando todo dende os inicios, que se teñen convertido xa nos referentes do Noitebra F.C. Atletismo, e que sen eles isto non sería o mesmo.

luns, 29 de outubro de 2012

Atletismo: 35 Carreira Pedestre de Santiago

Día de festa atlética na 35 Carreira Pedestre de Santiago, onde non fallou a participación do Noitebra F.C.
Foto de grupo grazas a O Presi, pero feita polo Admin. de Correr en Galicia
O pasado domingo fomos unha gran familia, xuntándonos uns 25 noitebros entre atletas de todas as categorías, socios e amigos, que calzaron as zapatillas para correr por Santiago adiante.

luns, 22 de outubro de 2012

Atletismo. XVII Media Maratón Cidade de Pontevedra

Este domingo os atletas do Noitebra participaron na XVII Media Maratón Cidade de Pontevedra

Foto do equipo grazas a Fran
Os nosos representantes serían Puri, Nacho L., Fernando, J. M. Mallo, Fran e M. Pirri. Pepe sería baixa por lesión, aínda que cremos que non corre risco a súa participación na Pedestre de Santiago.

martes, 16 de outubro de 2012

Atletismo: CorreSan Cidade da Cultura (75 aniversario do Victoria F.C.). Fin de Circuíto

E chegou o fin do circuíto de carreiras de Santiago, o CorreSan, coa última proba, a da Cidade da Cultura (75 aniversario do Victoria F.C.), o domingo pola mañá e cun clima propicio para dalo todo.
Foto da familia do Noitebra no máis alto do podio. Por xentileza de Silvia e Mark L.
Boa participación de noitebros que, ademais, estarían apoiados por moitos familiares e coñecidos no percorrido e na grada do Estadio de San Lázaro.

domingo, 14 de outubro de 2012

Atletismo: XIV Carreira Pedestre de Lestrove

Crónica da carreira de Lestrove por xentileza de Fran:

Este pasado venres e coas pernas mazadas da fin de semana anterior e a dous días de asistir a derradeira carreira do Corresan, 6 Noitebros participamos na XIV Carreira Pedestre de Lestrove.

Foto do podio por equipos grazas a Mark L.
Os incansables foron Walter nas categorías inferiores (nas que tamén participarían os rapaces de Mark) que realizou unha gran carreira (segue así que cando chegues as nosas categorías hasnos comer as papas) e na absoluta Anxo, Mark, Víctor, Pepe e Fran, coas baixas de última hora de Abel e Manolo (que estaría animando entre o publico) por diferentes motivos. Tamén, como ben sendo habitual, contamos co apoio moral de varios familiares e simpatizantes.

mércores, 10 de outubro de 2012

Atletismo: Previa CorreSan Cidade da Cultura "75 aniversario do Victoria F.C."

Este domingo remata o circuíto do CorreSAN, coa carreira da Cidade da Cultura, que logo de diversas modificacións do percorrido terá unha distancia duns 5,9 km para a súa categoría absoluta. 

Lembrar que se celebrará o domingo 14 de outubro ás 10:30 h. para esta categoría, con saída na Cidade da Cultura e chegada no interior do Estadio de San Lázaro (a nosa sede deportiva), polo que o idóneo é aparcar nas inmediacións do estadio e logo ir facendo o quecemento ata a Cidade da Cultura.
A carreira escolar será ás 11:30 h.  con saída e chegada no entorno do Estadio de San Lázaro, completando un percorrido de pouco máis de 2,1 km.

Haberá servizo de duchas no propio Estadio de San Lázaro.


Polo de agora no é que haxa unha gande inscrición (polo menos na carreira absoluta), polo que animamos a que todo o mundo participe, xa que hoxe mércores é o último día para inscribirse (ver información oficial máis abaixo).

En canto ao noso equipo, a día de hoxe contamos cuns 18 anotados entre todas as categorías, o cal non está nada mal, pero cantos máis sexamos mellor, xa que queremos estar arroupados ao máximo posible na celebración da clausura do circuíto, que terá lugar unha vez rematadas todas as carreiras, e onde se entregarán os diferentes premios por categorías e equipos.

martes, 9 de outubro de 2012

Atletismo: XXX Carreira Pedestre da Amaia, Brión

A continuación crónica da carreira de Brión por xentileza de Fran:
Novo domingo de competición para unha "pequena" representación (digo pequena porque cada dia deixámonos ver máis) do Noitebra na XXX Carreira Pedestre de Amaia en Brión

Foto de grupo grazas a Alpalo

O grupo estaría formado por Moises, Jose Manuel, Pepe, Abel, Víctor, Fran e o case noitebro Fleky. 

luns, 8 de outubro de 2012

Atletismo: VI Carreira Popular A Coruña 10

Cita de rigor do Noitebra, como todos os anos, na VI Carreira Popular A Coruña 10.

Moncho co seu xesto característico. Foto grazas a Rakel
Puri, Nacho, Óscar, Carlos, Mocho e M. Pirri serían os que representarían ao equipo nunha mañá na que o ambiente bochornoso faría acto de presenza fulminando a máis de un na carreira. Quedaría con mágoa de poder ir o noso patrocinador, Marcos "SADEGA", por molestias nun pé.

martes, 2 de outubro de 2012

Atletismo: XIV Carreira Festa do Marisco, O Grove

O pasado domingo tivemos representación atlética na XIV Carreira “Festa do Marisco” do Grove.

Foto de Walter grazas ao Atl. A Estrada
Dobrarían, despois de participar no CorreSan o día anterior, Manolo e Walter, imparables nesta última semana.

domingo, 30 de setembro de 2012

Atletismo: CorreSAN Hipercor (Paxonal do Castiñeiriño)

Esta sábado unha nutrida representación do Noitebra Atletismo participo na terceira carreira do circuíto do CorreSAN celebrada no Hipercor.
Jaime R. á caza de Juan Carlos Mosquera. Foto grazas a Moses
Corríamos polo tanto na nosa casa e fíxose notar non só pola alta participación de noitebros e futuros noitebros (se os sumamos, uns 17 e a pesar das baixas), senón tamén pola grande cantidade de amigos, coñecidos e xente do equipo cos que nos atopamos e que nos animaron ao longo da tarde.

mércores, 26 de setembro de 2012

Atletismo: Previa CorreSan Hipercor

Hoxe día 26 de setembro péchase a inscrición para a 3ª proba do CorreSan, que se celebrará a tarde do sábado día 29 no Hipercor-Paxonal do Castiñeiriño. Como sabedes, temos a nosas sedes sociais neste barrio, polo que corremos na casa e TEMOS QUE FACERNOS VER MÁIS QUE NUNCA.

Aquí vos deixamos a información enviada polos nosos amigos da Delegación da FGA en Santiago:


Estimados clubes, atletas e centros escolares.


Xa está próxima a celebración da 3ª proba do CorreSan, circuito de Carreiras Saudables do Concello de Santiago que se celebrará o sábado 29 de setembro no entorno do Centro Comercial Compostela-Hipercor-El Corte Inglés Santiago. Esta proba cuio circuito tedes adxunto, se levará a cabo polo fermoso Parque Eugenio Granel onde se celebran as tradicionais probas de campo a través escolar da Secretaria Xeral para o Deporte.

Compre lembrar que haberá unha proba para escolares de 2200 m aproximadamente que sairá ás 18.00 horas diante da entrada principal do Centro Comercial, e outra de adultos que sairá ás 18.30 horas do mesmo lugar.


martes, 25 de setembro de 2012

Atletismo: III Carreira Popular de Moraña

Achegámosvos a crónica de Fran sobre a participación do club na Carreira de Moraña:
Foto grazas a Marinela
Se o pasado Domingo tras a popular de Ribeira nos refrescabamos nas augas de Coroso, este tocou "bañarse de lo lindo" na III Carreira Popular de Moraña, e é que a tromba de auga e vento que caeu pola tarde tamén fixo madeixa nos participantes desta carreira, tendo en conta que esa mañá fora suspendida algunha que outra proba.

mércores, 19 de setembro de 2012

Atletismo: VI Carreira Popular de Boimorto

O pasado domingo tamén tivemos representación na VI Carreira Popular de Boimorto.

Foto grazas a arzuán
Abel sería o noitebro participante, nunha carreira na que o ano pasado tivemos un posto de honra por equipos, e que este ano por coincidir do campionato de Ribeira e pola baixa forma doutros integrantes do club, non puidemos completar grupo para competir.

martes, 11 de setembro de 2012

Atletismo: 21ª Carreira Popular de Gundián, Ponte Ulla

Nova participación dos atletas do Noitebra na Carreira Popular de Gundían, Ponte Ulla, que xa vai pola súa 21ª edición.
Foto grazas a AlPaLo
J.R. Abel, Manolo, Marcos L. Nacho L. e Miguel Pirri, acompañados por Walter dende o público, participaron nesta clásica proba no calendario do noso club.

xoves, 6 de setembro de 2012

Atletismo: XVI Carreira Pedestre de Noia e VIII Cross de Broña

A pasada fin de semana o Noitebra tamén tivo representación na XVI Carreira Pedestre Popular de Noia e no VIII Corss de Verán de Broña.
Foto grazas á organización

domingo, 2 de setembro de 2012

Atletismo: Campionato Galego de Media Maratón, Petín

O pasado sábado pola tarde o que escribe esta crónica (Miguel) estivo representando ao Noitebra no Campionato Galego de Media Maratón en Petín (III Media Maratón Popular).

Foto grazas a X. Manuel Álvarez. Jaime R. en primeiro plano

martes, 28 de agosto de 2012

Atletismo: V Carreira do Demo, San Xián de Artes; IV Carreira da Pobra do Caramiñal e XXXIII Maratón de San Antón, Cuntis

Achegámosvos a crónica da V Carreira do Demo en San Xián de Artes por xentileza de Fran e unhas breves reseñas da IV Carreira da Pobra do Caramiñal e o XXXIII Maratón do San Antón en Cuntis nas que tamén estivo presente o Noitebra.

Foto dos nosos en Artes por xentileza de Shaila

martes, 21 de agosto de 2012

Atletismo: XXI Carreira das Areas, Carnota

Un ano máis o Noitebra estivo presente en Carnota para participar na XXI Carreira das Areas.

Foto grazas a Pache

luns, 20 de agosto de 2012

Atletismo: V Carreira Popular de Foz

Seguimos coas carreiras veraniegas. Fran achéganos a crónica da súa paraticipación na carreira de Foz:
 Este pasado mércores día 15, e aproveitando a proximidade a nosa zona de vacacións, participei na V Carreira Popular de Foz.

Foto grazas a Shaila

Patrocinadores

Arquivo